Mos
A OMIX asesora á mocidade sobre alternativas de formación
A orientación á xuventude mosense realízase durante todo o ano nesta oficina de información sita no Multiusos das Pozas
A Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, dependente da concellería mosense de Educación e Participación que dirixe a edil Kely Monzón realiza un intenso labor de asesoramento, orientación e apoio á mocidade mosense durante todo o ano que se incrementa, se cabe, ó longo dos meses de verán. A oficina atópase situada no edificio Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.
Nestes momentos os rapaces e rapazas que se estean plantexando o seu futuro académico e valorando a posibilidade de estudiar un ciclo medio ou superior de Formación Profesional ou de realizar prácticas formativas en países europeos mediante o programa de transnacionalidade xuvenil Galeuropa poden informarse e recibir asesoramento e axuda na OMIX de Mos.
Os interesados en cursar Formación Profesional de Grado Medio ou Superior teñen de prazo de solicitude de inscrición ordinario ata mañá 2 de xullo e de prazo extraordinario do 1 ó 11 de setembro. A información sobre a convocatoria poden atopala no enlace
Tamén existe a alternativa da Formación Profesional Básica, que forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e que constitúe unha ensinanza que responde a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria. O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas. A publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido será o 12 de setembro, e a matriculación do 12 ao 19 de setembro. Os interesados en obter máis información sobre esta opción poden consultar o enlace
Outra alternativa é a obtención do título de graduado en Ensinanza Secundaria. A proba para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de dezaoito anos está convocada para setembro e o prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o vindeiro 10 de xullo.
En canto ó programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa), a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.
Estas axudas concíbense como unha das medidas para a implantación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e enmárcanse dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado nunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020. Están dotadas cun orzamento total de 999.765,72 euros.
As modalidades existentes de axudas son: axudas individuais á mocidade, axudas a entidades sen ánimo de lucro e axudas a entidades locais. Os requisitos para participar nas mobilidades son estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. E non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo.
O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non remuneradas. A duración das prácticas (agás causa de forza maior debidamente acreditada) será nas axudas individuais á mocidade de 2 meses consecutivos e nas axudas a proxectos presentados por entidades dun mínimo de 2 meses e dun máximo de 3 meses consecutivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22