Mos
Amplíase ata o 10 de xullo o prazo de inscrición nas 3ª e 4ª quendas do campamento “Mañás de Verán”
Esta actividade estival dirixida ós nenos e nenas mosenses de entre 3 e 12 anos pretende fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais
A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón informa da ampliación do prazo de inscrición no campamento “Mañás de Verán” ata o vindeiro 10 de xullo nas 3ª e 4ª quendas, que corresponden a todo o mes de agosto. De xeito que os interesados en participar nesta iniciativa aínda están a tempo de inscribirse para poder realizala.
A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón promove un ano máis o campamento matinal “Mañás de verán”, nos meses de xullo e agosto para os escolares de Mos. Lévase a cabo no CEIP Mestre Valverde Maio de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Poden participar ata 186 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. O Concello de Mos subvenciona unha parte do custe por cada neno, resultando o prezo final por cada participante e quenda de 40 euros.
Respecto desta iniciativa Monzón declaraba esta semana que “un ano máis, a concellería de Educación do Concello de Mos puxo en marcha os campamentos matinais para os nenos e nenas do concello en idade escolar. Esta experiencia fai que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivirán novas e enriquecedoras experiencias. Como en anos anteriores, brindamos actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as. Con esta iniciativa, ofrecemos de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os habitantes do noso concello, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas”.
Os obxectivos deste campamento estival son facilitar a conciliación da vida laboral e familiar no período de vacacións escolares, promover a calidade de vida dos nenos/as de Mos e das súas familias, potenciar a educación en valores e hábitos saudables, favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do noso entorno e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas do Concello.
As actividades distribúense en 4 quendas: a 1ª quenda que comezou hoxe mesmo e abarca do 1 ao 15 de xullo (ambos inclusive), a 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo (ambos inclusive), a 3ª quenda do 3 agosto ao 17 de agosto (ambos inclusive) e a 4ª quenda do 18 ao 31 de agosto (ambos inclusive). En estas dúas últimas quendas aínda quedan prazas libres para os nenos e nenas que queiran participar.
As persoas interesadas deben cubrir unha solicitude de inscrición para o campamento debidamente asinada polo pai/nai ou titor do/a menor e achegando o que nela se solicita, facendo constar a quenda na que o/a menor está interesado/a. A solicitude de inscrición está a disposición do público, na concellería de Educación no edificio Multiusos, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello, apartado descargas.
Dentro do campamento ofértanse ademais servizos de aula matinal e comedor cun custe a maiores e que serán prestados sempre e cando se consiga un número mínimo de 10 nenos/as por servizo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22