Provincia
Axudas a catro colectivos do Val Miñor e do Baixo Miño
Trátase de dúas asociación de Tomiño e outras dúas de Nigrán
O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ven de publicar o anuncio polo que se lle conceden 16.634€ a 4 asociacións e colectivos de Tomiño e Nigrán para posta en marcha e promoción de diferentes iniciativas e proxectos de promoción de emprego e de integración social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada.
Trátase das axudas concedidas polos Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación dirixidas a entidades que teñen por obxecto a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención.
Estas axudas beneficiaron, o pasado mes de maio, a 160 entidades da provincia. As axudas son para a Asociación Asistencial SOS Tomiño, destinadas á compra de alimentos; Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, para un curso de informática básica; a Asociación Benéfico Social de Pais e Amigos A Esperanza de O Val Miñor, para o Proxecto “Reporteiros en rede 2015” e Asociación de Pais do Centro Castro Navas (Nigrán) para actividades de lecer para persoas con TEA.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180