Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 01 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Comeza a fase final do VI Open de Tenis Vila do Corpus

Só 20 participantes, dos 100 que comezaron a competición, disputarán as roldas definitivas

[Img #19361]A sexta edición do Open de Tenis Vila do Corpus chega a súa fase decisiva. As últimas eliminatorias do torneo comezan esta tarde de mércores a partir das 19:30 horas nas pistas de tenis da área recreativa da Freixa e rematarán o vindeiro domingo, 5 de xullo, coa celebración das finais das diferentes categorías: cadete, sénior, veteranos maiores de 35 anos e unha sénior feminina.

 

Todos os afeccionados ao deporte da raqueta poden gozar dun campionato que presume de tenistas de moi alto nivel, como é o caso de Roberto Rodríguez, actual número 1 do ranking galego e número 56 da clasificación española. Rodríguez vén de acadar o segundo posto, en categoría de veteranos maiores de 35 anos, no campionato de España que tivo lugar o pasado 8 de xuño en Alacante.

 

Preto de 20 xogadores loitarán polo título nunhas roldas finais que se disputarán durante a tarde de hoxe, mércores 1 de xullo, dende as 19:30 horas; a tarde do xoves, 2 de xullo, dende as 19:30 horas; toda a xornada do sábado, 4 de xullo, dende as 09:45; e a tarde do domingo, 5 de xullo, dende as 16:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.