Salceda de Caselas
Verónica Tourón, nova Secretaria Xeral da agrupación socialista de Salceda
A Agrupación Socialista de Salceda conta con nova Secretaria Xeral, Verónica Tourón, portavoz socialista no concello de Salceda e que ven de substituír no cargo a Rodrigo Martínez.
Os socialistas consideran que “é a persoa idónea para encabezar a agrupación e o novo proxecto político do partido socialista en Salceda despois das pasadas eleccións do 24 de maio, onde os socialistas conseguiron duplicar a súa representatividade”. A Asemblea aprobou por unanimidade a decisión da executiva local.
Asemade, a secretaría de organización pasa a mans da ata entón vicesecretaria de organización Patricia González que substitúe a Marina Cabaleiro, anterior portavoz socialista.
A nova secretaria xeral animou “ós progresistas de Salceda a confiar no PSOE, cun novo proxecto baseado na tolerancia e a participación da cidadanía. É hora de que o PSOE teña ambición de futuro, as pasadas eleccións comezamos un novo camiño, e queremos demostrar dende a humildade e o compromiso, que somos a alternativa de goberno”.
Patricia González, a nova Secretaria de Organización, subliña nun comunicado “agora máis que nunca queremos seguir a traballar por e para todos os veciños e veciñas de Salceda, neste novo reto que se nos presenta, facendo un traballo construtivo e respectuoso, seguindo como ata o de agora a disposición de tódolos veciños para que nos amosen as súas inquedanzas, e para conseguir do noso, un concello no que todos contemos cunha mellor calidade de vida e servicios adaptados as novas demandas saciáis do momento”.
Pola súa banda Verónica Tourón, explica que “as peticións dos meus compañeiros e compañeiras de partido e o meu compromiso e responsabilidade co grupo socialista e cos veciños e veciñas de Salceda, animáronme a afrontar este novo reto despois das eleccións municipais. O principal desafío será incrementar a relación cos veciños e veciñas de Salceda, polo que aposta por intentar implicar tamén novas persoas na executiva local ao comezo do 2016 que é cando por estatutos a agrupación ten que nomear ou ratificar unha nova executiva. “Así poderemos contar con un maior número de opinións e de ideas”.
Deste xeito a Executiva Local do PSOE de Salceda pasa a estar formada por: Verónica Tourón Domínguez, Secretaría Xeral; Patricia González Groba, Secretaría de Organización; Luis Pereira Álvarez, Secretaría de Política Municipal; Rubén González Coto, Secretaría de Acción Electoral; Silvia Rodríguez Vaqueiro, Secretaría de Formación; Angela Ledo Souto, Secretaría de Política Social e Igualdade e Angel Nevado Alsina, Secretaría de Administración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213