Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 05 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Máis de 30 mozos e mozas asistiron esta semana na Axencia de Colocación de Mos a unha xornada sobre o Sistema de Garantía Xuvenil

Os participantes puideron informarse das vantaxes de adherirse a este sistema e o modo de facelo

[Img #19363]Durante a mañá do pasado día 1 realizouse unha presentación á que asistiron 33 xoves do municipio, para informalos sobre as vantaxes de adherirse ao Sistema de Garantía Xuvenil, e como facelo. Dita presentación celebrouse nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, dependente da concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto.

 

O Sistema de Garantía Xuvenil permitiralles ós mozos e mozas que se inscriban nel, acceder a programas de fomento de emprego creados específicamente para aqueles mozos inscritos no Sistema, que non estean a traballar nin estudando, e que busquen outras alternativas de emprego ou de formación para o emprego, ademais das vantaxes que os empresarios poden ter ao contratar a un/a destes/as mozos/as, debido a que obteñen incentivos fiscais e axudas pola súa contratación.

 

O Concello de Mos iniciará próximamente un deses proxectos incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil – o Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ – no que un dos requisitos para participar é que os alumnos traballadores estean inscritos neste sistema.

 

Dende a Axencia de Colocación mosense ofrécese un servizo de acceso ás ferramentas necesarias para darse de alta no sistema, a través das sesións ORIENTA2, que se celebran semanalmente na Aula de Novas Tecnoloxías. Os interesados en obter máis información sobre as mesmas poden dirixirse á Axencia de Colocación de Mos a través do seu enderezo de correo electrónico, info@axenciadecolocacionmos.es, ou do teléfono 986487786.

 

Garantía Xuvenil

 

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos/as menores de 25 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendemento Xove aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que os mozos/as menores de 25 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras haber finalizado os seus estudos ou quedar desempregados.

 

O obxectivo das xornadas como a celebrada onte na Axencia de Colocación de Mos é a información aos participantes das formas de acceso ás novas vías de emprego xa que ó programa de Garantía Xuvenil poden acollerse mozos/as, non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación, que sexan maiores de 16 anos, e menores de 25 (ou menores de 30 anos, para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%).

 

Para ser beneficiarios da Garantía Xuvenil  os interesados deben cumprir unha serie de requisitos establecidos e darse de alta no Sistema.

 

O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ten por finalidade que os mozos/as que cumpran cos requisitos establecidos poidan recibir unha oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou período de prácticas, tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

 

Os mozos e mozas dados de alta no Sistema de Garantía Xuvenil poderán beneficiarse de programas de incentivos á contratación de xoves que estén dados de alta no Sistema: vantaxes ás empresas e aos mozos e mozas, programas mixtos de formación e emprego dirixidos a mozos/as inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, prácticas non laborais en empresas, titorización  por orientadores laborais especializados, programas formativos de adquisición de competencias clave, tecnolóxicas, idiomas, certificados de profesionalidade, obtención do título da ESO, ou acceso a formación profesional de grao medio; programa de activación e promoción do emprego autónomo para beneficiarios da garantía xuvenil e programa “JUVENTUD COOP”: fomento da economía social, emprendemento a través da incorporación/creación a unha cooperativa ou sociedade laboral.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.