Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Solla dí que “Represas cobrará 8.000 euros e subvenciona a dous concelleiros máis”

O portavoz do Partido Popular Salvador González Solla, critica dende a oposición, que o actual alcalde cobre 8.000 euros ó ano pola asistencia aos plenos da corporación.

 

Despois da celebración do Pleno extraordinario de organización o ex rexidor dí que “o Goberno pasou de ter catro dedicacións dos concelleiros a  seis, o que supón un incremento de 31.500 euros o ano, ó que hai que engadir o custe das asistencias que vai percibir o Alcalde o longo do ano e que suporá un coste de mais de 8.000 euros, que xunto cos 31.500 euros de incremento das dedicacións dos concelleiros do goberno, fan unha cuantía de 39.500 euros o ano, en contraposición dos 39.200 euros que costaba a retribución do Alcalde.

 

Polo tanto, sinala Solla, “este novo Goberno o único que fixo foi cambiar de mans os cartos das retribucións, dando un soldo a dous novos concelleiros do Goberno, tendo en conta que o Sr Represas ten una situación económica desafogada grazas a súa prexubilación na banca, e que deste xeito pode a maiores cobrar os importes das Asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno e Comisións informativas”.

 

Para o grupo municipal do Partido Popular “ non hai explicación nin xustificación deste aumento de salarios dos concelleiros do Goberno, xa que en novembro do 2012, eles mesmos, o BNG, o PSOE e ACIP aprobaban 4 dedicacións para o Goberno porque entendían que estas eran suficientes para gobernar Ponteareas. E agora mudan o seu criterio aumentando o número de dedicacións os concelleiros, sen outra explicación que non sexa a de cobrar por cobrar” indica a través dun comunicado de prensa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.