Mos
“Mañás de Verán” achega os nenos mosenses ao Parque da Auga de Sanguiñeda
A área recreativa temática amplía o seu horario permanecendo aberta agora tamén pola mañá
Os cativos participantes na primeira quenda do campamento “Mañás de Verán” que comezou o pasado mércores, 1 de xullo, recibiron no Parque da Auga de Sanguiñeda a visita das concelleiras mosenses de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, e de Medio Ambiente, Julia Loureiro. A temática na que estaban organizadas as actividades dos pequenos para hoxe era a dos piratas, como así foron caracterizados. O resto das actividades para os demais días ambientaranse e relacionaranse con diferentes oficios que irán variando segundo as quendas.
Nesta primeira quenda os nenos e nenas participantes farán varias saídas entre as que se atopan o Campo do Real Club Celta de Vigo en Balaidos, a praia e a piscina de San Eleuterio.
As representantes municipais aproveitaron ademais a visita para informar da ampliacion do horario do Parque da Auga de Sanguiñeda, que pasa a estar aberto tamén polas mañás de 11.00 horas a 14.00 horas de luns a domingo (a maiores do horario de tarde no que permanecía aberto e operativo tamén todos os días ata o de agora).
Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá mosense, lembrou tamén a ampliación do prazo de inscrición no campamento “Mañás de Verán” ata o vindeiro 10 de xullo nas 2ª, 3ª e 4ª quendas. De xeito que os interesados en participar nesta iniciativa aínda están a tempo de inscribirse para poder realizala.
A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón promove un ano máis o campamento matinal “Mañás de verán”, nos meses de xullo e agosto para os escolares de Mos. Lévase a cabo no CEIP Mestre Valverde Maio de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Poden participar ata 186 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. O Concello de Mos subvenciona unha parte do custe por cada neno, resultando o prezo final por cada participante e quenda de 40 euros.
Respecto desta iniciativa Monzón declaraba que “un ano máis, a concellería de Educación do Concello de Mos puxo en marcha os campamentos matinais para os nenos e nenas do concello en idade escolar. Esta experiencia fai que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivirán novas e enriquecedoras experiencias. Como en anos anteriores, brindamos actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as. Con esta iniciativa, ofrecemos de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os habitantes do noso concello, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213