Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 07 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Entrega dos Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño

[Img #19381]O ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.

 

Toman parte nesta convocatoria o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe,  CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.

 

O pasado venres, 3 de xullo entregábanse os premios, e, tal e como establece as bases, repartiron 13 lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy 4 10.1 T530 16 Gn Wifi’, funda estilo libro orixinal Samsung para T530, Powebank 2600 mAh e unha memoria micro SDHC, para os nenos e nenas de primaria, ESO e Ciclo de Caldeirería e Soldadura.          

 

Ademais repartiron tres bolsas de estudos para o alumnado de 2º de Bacharelato, que consistirán nunha viaxe a Reino Unido – Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos:  viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.