Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Comezan a funcionar os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro dende os concellos da área sanitaria de Vigo

[Img #19408]Os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro comezan a funcionar dende hoxe, garantindo o transporte público dende os concellos da área sanitaria de Vigo.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, autorizou a varias empresas de transporte para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta.

 

Esta ampliación de servizos de autobús garantirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar.

 

As empresas de transportes que prestarán estas concesións, ATSA, Ojea, Autoindustrial e Melytour, ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital.

 

A Xunta de Galicia, mediante este tipo de accións, pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario.

 

Frecuencias diarias ao hospital.

 

[Img #19390]

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.