Mos
O entorno do Pazo de Mos acollerá a principios de setembro un festival intercéltico
‘O Son do Pazo’ podería converterse nun referente galego ó contar xa en cartel, na súa primeira edición, con Son de Seu, Uxía e Budiño entre outros
Os días 4 e 5 de setembro celebrarase o Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, un evento de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo. Será a primeira edición e contará con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.
Este evento esta organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e conta como principais colaboradores o Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra.
A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas Celtas.
Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos.
A programación constará dos seguintes concertos: o venres 4 de setembro a partir das 22:00 horas apertura do Festival con A Vacaloura Vermella, Riobó e Son de Seu; e o sábado día 5 a partir das 12:00 horas pasarrúas e sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Marino Tapiega e Tapia Casariego (Asturias) e da Banda de Gaitas Airiños do Castelo, e a partires das 21.30 horas Banda de Gaitas Airiños do Castelo, Banda de Gaitas Marino Tapeiga, Os Dabaixo, e Budiño & Uxía. O domingo ó longo de todo o día haberá un pulpeiro e obradoiros de artesanía e baile. Durante os dous días do Festival haberá exposicións de coiro e instrumentos traicionais.
A pasada fin de semana celebrouse a súa presentación coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos; un representante da Deputación de Pontevedra; membros do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (entidade organizadora do Festival) e demais membros do equipo de goberno local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213