Mos
Inauguradas as novas dependencias do Club Louro-Tameiga
O presidente en funcións da Deputación, Rafael Louzán, vistou onte a construcción no Campo de Fútbol de Cototorrón xunto con outras obras en Mos financiadas pola administración provincial
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, o presidente do Club Louro-Tameiga, Patricio Farrapeira, e outros membros do equipo de goberno local realizaron esta tarde unha visita con motivo da apertura ó uso público da obra de acometida de novos vestiarios no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga.
Respecto dos traballos de acometida da obra de ampliación de vestiarios no Campo de Fútbol de Cototorrón, dicir que era unha antiga demanda do Club Louro-Tameiga, que o proxecto foi financiado pola Deputación de Pontevedra e que contou cun orzamento total que ascende a 83.744 euros.
Ata o de agora existían no Campo de Fútbol de Cototorrón un total de dous vestiarios que se ampliaron a cinco cos traballos acometidos. A edificación que actualmente alberga os vestiarios existentes, as oficinas do club e a cafetería, será adicada íntegramente a vestiarios; mentres que do outro lado do terreo de xogo se construiron estas novas dependencias que contan cunha oficina e un almacén, uns baños públicos e a cafetería que será trasladada para esa zona.
A ampliación do número de vestiarios existente era a principal necesidade, e a máis urxente, do Campo de Fútbol de Cototorrón. Tendo en conta o gran número de usuarios cos que conta a día de hoxe, tratábase dun campo cun número bastante limitado de vestiarios.
O presidente en funcións da Deputación acompañado dos representantes municipais mosenses visitou tamén esta tarde un dos proxectos realizados con cargo ó PPOS (Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra) 2015 que levou por título “Mellora da seguridade vial na rúa Rans e o seu enlace coa autovía A-55, parroquia de Tameiga” e que contou cun orzamento de 70.325,14 euros.
Trátase dunha obra de gran relevancia, segundo apuntou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “por tratarse dunha importante optimización dunha concorrida e moi habitada zona urbana na parroquia de Tameiga”, explicou.
Esta obra contemplou actuacións de rehabilitación do firme da estrada e outras complementarias que melloraron a seguridade vial, a ordenación do tráfico no nudo de A Rans e a sinalización. Para elo construiuse unha nova isleta coa misma ubicación da xa existente e levouse a cabo a acometida da nova sinalización horizontal (mediante marcas viais) e vertical do nudo.
Por último Louzán visitou a obra de mellora da seguridade viaria na Estrada Provincial 2604 Puxeiros-Rebullón subvencionada pola administración provincial e cun orzamento total de preto de 300.000 euros.
Estes traballos acometéronse ao abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) 2014. O ámbito de actuación comprende a totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 805 metros.
A importancia desta obra ven dada polo tráfico que soporta esta estrada, que é moi elevado, cunha intensidade media diaria de vehículos pesados de preto de 400 (categoría T2), debido a que serve de acceso ao Polígono Industrial do Rebullón.
As obras consistiron na rehabilitación superficial do firme cunha nova capa de rodadura de asfalto, instalación de sinalización vertical, pintado de sinalización horizontal ou marcas viais, e acometida de sistemas reductores de velocidade tales coma tres pasos de cebra elevados en substitución dos existentes, que teñen unha altura de 10 cm, unha lonxitude da zona elevada de 4 metros e unha lonxitude das rampas de 1 metro.
As obras de mellora da seguridade vial na EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) requeriron traballos complementarios á rehabilitación superficial do firme da estrada, que foron actuacións puntuais en beirarrúas peonís e creación de pasos elevados, ordenación de zona de aparcadoiros no ámbito do Hospital Rebullón, reparación da canalización de abastecemento municipal, e mellora das condicións de drenaxe.
As actuacións nas beirarrúas leváronse acabo no tramo inicial da estrada que está moi urbanizado, con edificacións e beirarrúas a ambos os dous lados, dende o ámbito da Glorieta de Puxeiros ata o cruzamento co acceso ao Polígono do Rebullón. Neste tramo era conveniente mellorar a seguridade vial mediante a reparación puntual de beirarrúas e a elevación dalgúns pasos peonís, o cal serviu para intentar reducir o índice de accidentes por atropelo, e a velocidade en tramo urbano. Ademais entre o punto kilométrico 300 e o punto kilométrico 335 foi necesario dar continuidade á beirarrúa inexistente nesa zona, e dotar de varanda ese tramo.
A maiores, no ámbito do Hospital Rebullón xeráronse novos espazos de aparcadoiro con itinerarios peonís adaptados. Realizouse unha nova banda de aparcadoiro de 2.50 metros con beirarrúa de 1.80 metros, dando cumprimento ás normativas de accesibilidade. Esta zona comunicouse co acceso ao Hospital mediante o paso de peóns que se proxectou elevado. Construíronse tamén outros dous pasos de peóns elevados, un fronte ó Colexio Lar e outro en Puxeiros.
Nesta estrada, según informou Louzán, a velocidade do tráfico queda limitada a 50 kilómetros por hora en zonas de travesías con beiravías e a 30 por hora en zonas urbanas.
Ademais, e como xa se mencionou arriba, esta obra incluiu tamén a reparación da tubería de abastecemento municipal que transcorre pola estrada e a mellora das condicións de drenaxe cun novo deseño de evacuación de augas pluviais.
Este proxecto contempla unha segunda fase, tal e como explicaba a rexedora local mosense, na que se acometerá o tramo Puxeiros-Peinador, co mesmo obxectivo de mellora da seguridade viaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213