Ponteareas
Julio Alén e Belén Villar alternarán o escano de deputado provincial polo partido xudicial de Ponteareas
A dirección provincial do PP de Pontevedra elixiu a Julio Alén, presidente e voceiro do PP de Mondariz, e a María Belén Villar González, número dous do PP de Ponteareas, para ocupar a única acta de deputado provincial que hai no partido xudicial do Condado e que lle corresponde ao Partido Popular.
Julio Alén ocupará o escano na cámara provincial durante os dous primeiros anos do novo mandato e transcorrido este perídodo, cederalle o posto á concelleira popular de Ponteareas, Belén Villar.
Os demais suplentes son: Raúl Emilio Castro, voceiro do PP das Neves, e Miguel Dominguez, alcalde da Cañiza.
O novo deputado provincial substituirá no cargo, unha vez contituída a corporación provincial, a Horacio Gil Expósito, alcalde de Arbo e actual representante do partido xudicial de Ponteareas na Administración Provincial.
Julio Alén foi ratificado esta mañá na xunta electoral de zona, co voto dos concelleiros populares dos municipios que conforman este partido xudicial, -Arbo, A Cañiza, Crecente, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Salvaterra e Ponteareas

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22