Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 08 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos recibe ós nenos saharauis que pasarán as súas vacacións no municipio

Son un total de seis cativos que participarán no campamento estival Mañás de Verán así como en outras iniciativas organizadas pola administración local

[Img #19410]Onte chegaban ó Concello de Mos procedentes dende o Sáhara os seis nenos saharauis que, gracias ó programa Vacacións en Paz da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, pasarán os meses de verán xunto con familias veciñas do municipio mosense.

 

Dos cativos saharauis que chegaron esta mañá a Mos 4 repiten experiencia e os 2 restantes é a primeira vez que viaxan a Galicia. En total á comunidade autónoma galega chegaron este ano 318 nenos e nenas saharauis para pasar as súas Vacacións en Paz.

 

Ademais dos 6 pequenos protagonistas e as súas familias de acollida, estiveron presentes a súa chegada onte ó Concello a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social mosense e delegada en Mos da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Sara Cebreiro, que xa os fora a recibir previamente ó aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela; e os tamén edís mosenses, Kely Monzón, Alberto Méndez, Luis Alonso, Camilo Augusto e Cándido Pérez.

 

O Concello de Mos pon a disposición das familias acolledoras mosenses de xeito totalmente gratuíto a participación dos cativos no campamento estival Mañás de Verán, para que os pais de acollida poidan conciliar fácilmente as súas vidas familiar e laboral. 4 dos 6 pequenos saharauis que pasarán o verán en Mos xa están inscritos neste campamento estival.

 

Ademais o Concello organizará para os cativos saharauis unha xornada de convivencia na Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio entre outras actividades.

 

A nivel galego a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar unha xornada de convivencia que se celebrará o 19 de xullo ás 12.00 horas na Praza do Obradoiro de Santiago, co obxectivo de dar a coñecer a problemática existente no Sáhara. Esta xornada será unha concentración de tódolos nenos saharauis do programa Vacacións en Paz e as súas familias de acollida durante o que representará un emotivo día de convivencia.

 

Asistencia médica

 

Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán.

 

Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria.

 

Sobre este programa a edil mosense, Sara Cebreiro, declarou esta mañá que “é unha verdadeira sorte poder contar no municipio de Mos con familias que deciden involucrarse nunha causa solidaria coma esta, que trae sorrisos a nenos e nenas que verdadeiramente o necesitan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.