Ponteareas
O Concello de Ponteareas anula a consolidación de 43 postos de traballo
Con esta medida o Goberno Local afirma que cumpre coas súas “promesas de transparencia, legalidade e rexeneración democrática”
O Concello de Ponteareas vén de aprobar en Xunta de Goberno a anulación das bases xerais do procedemento de consolidación de emprego de prazas incluídas na Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2008. Esta anulación afectará ás prazas que aínda non están consolidadas, que son un total de 43.
Con ese procedemento, afirman que “o anterior goberno local pretendía consolidar emprego público sen respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade e, ao mesmo tempo, validar a contratación de persoal realizada directamente e ao marxe da lei”.
Dende o goberno explican que “a irregularidade deste procedemento agora anulado quedara xa en evidencia en senllos informes do asesor xurídico, no mes de maio de 2009, e da secretaria municipal, no mes de febreiro de 2010”.
Outro factor determinante para o goberno local “ está relacionado coas sentenzas da Audiencia Provincial no ano 2001 e do Tribunal Supremo no ano 2003 nas que se condenou ao Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local, entre 1991 e 1997, pola contratación irregular de persoal. Nesas sentenzas indicouse a necesidade de abrir un ‘expediente de revisión de oficio para comprobar actos que transformaron en indefinidos os contratos laborais de diversos traballadores e revisión de actos de contratación de persoal ao marxe dun mínimo legal’”.
A anulación das mencionadas bases paralizará os procesos selectivos de consolidación de 43 prazas, impedindo dotar de legalidade a varios contratos que nas mencionadas sentenzas xa figuraban como “carentes do cumprimento da normativa mínima esixida para a súa creación”. Dende o goberno sinalan ademáis que “todas as persoas afectadas terán dereito a formalizar a solicitude da devolución das taxas do exame que xa tiveran aboado”.
O Alcalde, Xosé Represas indicou que “con esta medida o Goberno Local cumpre coas súas promesas de transparencia, legalidade e rexeneración democrática e asegura que calquera ponteareán poida aspirar en condicións de igualdade a un posto de traballo no Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22