Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 12 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os socorristas contratados polo concello xa traballan na Freixa

Os dous traballadores contratados polo Concello de Ponteareas velan pola seguridade dos veciños e veciñas que se bañan no río ao longo destes meses estivais

[Img #19454]Os dous traballadores contratados polo Concello de Ponteareas para vixiar aos bañistas da Freixa durante os meses de verán están dende esta semana traballando na praia fluvial ponteareá.

 

O alcalde ponteareán, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, achegáronse até a área recreativa para facerlles entrega das camisetas oficiais coas que desenvolverán o seu labor. A contratación deste servizo de socorrismo, que estará activo de luns a domingo en horario de 12:30 a 20:00 horas, prodúcese grazas a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que conta co apoio do Fondo Social Europeo.

 

Os contratos teñen unha duración de 3 meses, sendo a xornada completa e baixo a modalidade de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións serán as correspondentes á categoría de Socorrista no Convenio Colectivo do Concello de Ponteareas. O consistorio contou tamén coa colaboración de Insdega XXI, empresa concesionaria da xestión da piscina municipal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.