MUNDO EMPRESA
A Federación Galega de Parques Empresariais organiza no Porriño en colaboración co IGAPE un encontro sobre innovación
O vindeiro xoves día 16 de Xullo, o Centro de Iniciativa Empresarial (CIE A Granxa) ubicado no parque empresarial de A Granxa en Porriño será testigo dunha xornada de divulgación e debate sobre a innovación nas empresas a través da norma UNE 166002 de Sistemas de Xestión da Innovación, unha norma internacional sobre xestión e planificación da innovación na empresa.
Este evento, organizado pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) co patrocinio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) amosa unha vez máis o compromiso dos parques empresariais de Porriño coa innovación e o desenvolvemento.
A xornada, na que participarán ponentes da certificadora European Quality Asurance (EQA), da empresa consultora porriñesa Galipad Consulting e de Macraut Ingenieros, servirá para informar ás empresas das diferentes posibilidades e beneficios que ofrece esta norma, e cómo a mesma pode ser implantada e xestionada nas empresas que aposten pola innovación como obxectivo e estratexia de xestión empresarial. Asimesmo, durante a xornada se informará dos cambios que sufriu esta norma e das súas últimas actualizacións, datadas do ano 2014, así como do proceso de implantación, certificación e auditoría da mesma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61