Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 13 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O vernes constitúese o novo goberno na Deputación de Pontevedra

Mañá, martes, terán lugar sendas sesións extraordinarias da xunta de goberno e do pleno para aprobar as actas do actual mandato

[Img #19459]A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra celebrará mañá,  martes, a última xuntanza do presente mandato 2011-2015. Unha xuntanza de carácter extraordinario que presenta un único punto na orde do día: a aprobación da acta da útima sesión celebrada o venres 10 de xullo. Con esta xunta de goberno, que dará comezo ás 12,30 horas, daráse por finalizado o presente mandato correspondente aos anos 2011-2015.

 

Acto seguido, e ás 13.00 horas  o salón noble do Pazo Provincial  acollerá a celebración do último Pleno extraordinario da actual Corporación  Provincial. Unha sesión na se que dará conta  das actas dos Plenos celebrados o 19, con carácter extraordinario,  e o 26 de xuño.

 

Finalmente, a sesión plenaria constitutiva do novo mandato da Corporación Provincial para o periodo 2015-2019 terá lugar o vindeiro venres, 17 de xullo, ás 13 horas.

 

O novo goberno provincial decidiráse pola votación dos 27 deputados elexidos en cada un dos 7 partidos xudiciais da provincia: 1 de Lalín, 1 de A Estrada, 3 de Cambados, 7 de Pontevedra, 11 de Vigo, 3 de Tui e 1 de Ponteareas.  Deles, 12 correspóndelle ao PP, 10 ao PSdeG-PSOE, 4 ao BNG e 1 a Marea Vigo.

 

A relación nominal dos deputados da nova Corporación Provincial 2015-2019 que tomarán posesión é a seguinte (por grupo  político e orde alfabética): do PP JULIO ALÉN MONTES (Partido xudicial de O Condado); LUIS ARAGUNDE ARAGUNDE (Cambados); NIDIA MARÍA ARÉVALO LÓPEZ (Tui); BELÉN CACHAFEIRO ANTA (A Estrada); JOSÉ CRESPO IGLESIAS (Lalín); JOSÉ MANUEL FIGUEROA VILA (Vigo); RAFAEL LOUZÁN ABAL (Cambados); ÁNGEL MOLDES MARTÍNEZ (Pontevedra); ELENA MUÑOZ FONTERIZ (Vigo); MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS (Pontevedra); JOSÉ ENRIQUE SOTELO VILLAR (Pontevedra); JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA (Vigo); polo PSdeG-PSOE, MARÍA ISAURA ABELAIRAS RODRÍGUEZ (Vigo); CONSUELO BESADA LORES (Pontevedra); FRANCISCO JAVIER DIOS POMARES (Cambados); JUAN ANTONIO GONZÁLEZ PÉREZ (Vigo); CARLOS LÓPEZ FONT (Vigo); MARÍA MONTSERRAT MAGALLANES ÁLVAREZ (Tui); DAVID REGADES FERNÁNDEZ (Vigo); DIGNA ROSA RIVAS GÓMEZ (Vigo); SANTOS HÉCTOR RODRÍGUEZ DÍAZ (Vigo); MARÍA DEL CARMEN SILVA REGO (Vigo); polo BNG, UXÍO BENÍTEZ FERNÁNDEZ (Tui); XOSÉ LEAL FARIÑA (Pontevedra); XOSÉ CESÁREO MOSQUERA LORENZO (Pontevedra); EVA MARÍA VILLAVERDE PEGO (Pontevedra) e por SON (Mareas Vigo) XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ (Vigo).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.