Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 14 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

Campaña para o uso do chaleco salvavidas no sector pesqueiro

A xunta advirte que se realizarán inspeccións a bordo dos buques

[Img #19462]O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, ven de poñer en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o uso do chaleco salvavidas dirixida aos traballadores e traballadoras do mar, co obxectivo de previr os riscos laborais no sector pesqueiro.

 

A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, presentou onte esta iniciativa en Baiona e, na súa intervención, indicou que se enmarca no Plan de actividades do ISSGA para este ano “coa intención de mellorar os hábitos laborais dos profesionais do mar e implantar unha conciencia preventiva no sector”.

 

A campaña consiste na distribución de máis de 11.000 documentos de material informativo en concellos, confrarías de pescadores, centros de saúde, casas de cultura, lonxas, peixerías ou farmacias sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas e a súa correcta colocación. En concreto trátase de explicar cales son os motivos para utilizar o chaleco salvavidas, indicar a necesidade de elixir o axeitado en función das circunstancias existentes, incidir na importancia de utilizalo mentres se traballa na cuberta da embarcación, dar indicacións básicas sobre o almacenamento e mantemento e unha especial referencia á correcta colocación.

 

O ISSGA complementa esta iniciativa con 18 cursos prácticos de formación en actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección no sector pesqueiro, dirixidos a traballadores e traballadoras deste sector.

 

Destes 18 cursos xa se realizaron 8, nos concellos de Porto do Son, Outes, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Xove e Cariño, nos que participaron un total de 93 alumnos e alumnas. No segundo semestre do ano realizaranse as restantes edicións dos cursos, nos concellos de Muros, Ribeira, A Guarda, Soutomaior, Laxe, Camariñas, O Grove, Cambados, Cedeira e Burela.

 

A campaña complementa outras iniciativas como é o caso dos programas Segumar e Vixía, unha iniciativa pioneira en España na que, equipos de control especializados  formados por un inspector de traballo e seguridade social e por un técnico de prevención de riscos laborais do ISSGA, realizan as inspeccións a bordo dos buques no que se refire ás condicións de seguridade e saúde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.