GALICIA
Os traballadores forestais denuncian a súa extremada precaridade laboral
En plena campaña de alto risco de incendio o persoal fixo descontinuo de SEAGA denuncia que aínda non comezou a traballar
Os letreiros luminosos das estradas galegas advirten de “risco de incendio extremo”. Porén, a día 10 de xullo o cadro de persoal fixo descontinuo de SEAGA –arredor de 500 traballadores/as sumándolles on interinos- aínda non comezou a traballar, cando a campaña de ‘alto risco’ arrincou, por decreto da Xunta de Galiza, o día 1 de xullo. Así o denuncia o persoal desta empresa pública que reclama que se fixe en convenio o período de contratación para labores de limpeza e de extinción de seis meses.
Pablo Buj, presidente do comité de empresa da Coruña, denuncia que moito do persoal ten a condición de fixo descontinuo gañada por sentenza xudicial na que se especifica que a relación coa empresa pública comeza a partir do inicio da campaña de alto risco de incendios forestais que é publicada por decreto, cada ano,a partir do día 1 de xullo.
Moitos teñen comunicación da empresa de que a metade do dispositivo de Coruña, por exemplo, vai comezar o día 14 de xullo e outra parte o 16 de xullo. “Nós consideramos isto unha demora excesiva, porque outros anos comezabamos o día 7 ou 8 de xullo, que xa era un incumprimento de sentenza, pero perder medio mes de traballo, de tres meses que imos traballar é unha sexta parte”.
A isto Buj engade que se esta situación é grave do punto de vista laboral, máis o é tendo en conta as condicións climatolóxicas deste verán que elevan o risco de incendio forestal respecto dos últimos anos.
Labores de limpeza e extinción
O presidente do comité da Coruña denuncia ademais que aconsellaría está deixando á empresa pública SEAGA nun plano secundario en materia de extinción. Explica que se están priorizando, fronte á extinción outros traballos. “Aínda que a imaxe que se dá de nós é que só somos axentes de extinción, tamén o somos de prevención e de traballo forestal na época de alto risco”.
Sinala que isto ten consecuencias en materia de prevención. “Estase poñendo en risco a integridade física do persoal, porque despois de estar desbrozando no mes de agosto dúas, tres ou catro horas e logo que che manden para un lume no que tes que estar dez ou doce horas seguidas é mesmo perigoso. Das primeiras cousas que aprendes cando traballas en extinción é que a un incendio hai que ir ben hidratado, descansado…”.
Denuncia ademais que tamén ten consecuencias canto a salubridade porque os equipos de extinción e de prevención son diferentes e “temos que levar no coche a funda de incendios, a de traballo forestal, as desbrozadoras, o gasoil, a gasolina das máquinas, temos que cambiarnos no monte e as mulleres teñen que cambiarse con nós”.
Por iso, desde o comité de empresa o que se demanda é que eses traballos de prevención se fagan no inverno e na primavera, coa fin de darlles máis continuidade o que permitiría, de paso, “saír desta precariedade que temos, que somos traballadores por 3 meses”.
Negociación do convenio
A principios de ano comezou a negociación do novo convenio que quedou bloqueada en canto se abordou a cuestión do tempo de traballo, isto é, cando a representación do persoal reclamou acadar os 6 meses de contratación, como mínimo, para o persoal fixo descontinuo. “Nin o xerente nin a consellaría queren falar desa cuestión”.
Pablo Buj lembra que malia as sentenzas xudiciais a empresa pública Seaga nunca se comprometeu por escrito a que este persoal ía traballar sequera os tres meses. “Sempre foi un acordo verbal que nunca se asinou como tal”.
A precariedade derivada desta situación é tal que ao ser fixo descontinuos uns e interinos/as outros/as a efectos de contratación para as oficinas de emprego a condición é a mesma e moita xente non pode cobrar nin subsidios nin axuda familiar, nin nada. “Nós poderiamos ter ese dereito se acadaramos polo menos 6 meses de traballo, pero a maioría das compañeiras e compañeiros poderán acceder ao paro só cada catro anos”.
Tal é así que segundo Buj houbo compañeiros/as que solicitaron as axudas de 400€ que lles foron posteriormente reclamadas. “Houbo quen tivo que devolver até 4.000 € porque lles dixeron que non tiñan dereito a cobralas. E isto ocorre nun colectivo que é parte indispensábel do dispositivo, porque somos 500 de algo máis de 2.000 do total de persoas que traballamos en extinción de incendios”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61