Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 14 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PSOE critica que Movemento Salceda "usa a falta dun concelleiro socialista para aprobar soldos e adicacións"

[Img #19469]A Agrupación socialista de Salceda mostrou o seu desacordo co proceder do Alcalde, Marcos Besada, no segundo pleno de organización celebrado onte luns.

 

Dende o PSOE subliñan que “o Alcalde tiña varias opcións a hora de volver a convocar o pleno de organización, e acolleuse a aquela que lle aseguraba que puidese quitar as adicacións e retribucións adiante, sen que ninguén lle puidese por impedimento”.

 

[Img #19470]O grupo socialista amosou o “desacordo co proceder do goberno que puxo como primeiro punto da orde do día a renuncia dun concelleiro socialista, evitándolle así poder participar e votar no pleno”. Consideran que “o proceder do Sr. Alcalde sería convocar outro pleno para as retribucións, cando a nova concelleira do PSOE tomase posesión, pero optou por aproveitar a minoría do PSOE para aprobar os seus soldos evitando así chegar a ningún tipo de acordo coa oposición”.

 

Ademais, a portavoz socialista lembroulles ó longo do pleno que “os soldos que o Sr. Alcalde pensaba dignos para o PSOE na anterior lexislatura agora non os consideraba dignos para os seus concelleiros”, volvendo a incidir no punto do anterior pleno, no que os socialistas consideraban desorbitadas as cantidades a percibir polas dedicacións exclusivas e parciais dos concelleiros de goberno. “Facer o xesto de diminuír 100 euros por concelleiro para intentar deixar ver que houbo negociación e aproveitarse da falta dun concelleiro no pleno é rirse da vontade dos veciños e veciñas nas urnas”.

 

En palabras da portavoz socialista, Verónica Tourón, no pleno: “o que non poderá dicir o Sr. Alcalde ó remate deste pleno e que o goberno ten uns soldos apoiados pola maioría dos veciños e veciñas, porque hoxe aquí falta un concelleiro e nun proceder antidemocrático están aprobando as súas retribucións en minoría, isto non é o que decidiron os veciños nas urnas que nos deron o partido socialista dous concelleiros e que hoxe non está aquí toda a representación que deron as urnas ó pleno de Salceda”.

 

A portavoz rematou a súa intervención dicindo que “o partido socialista seguirá apoiando ó goberno en todo aquilo que sexa bo para os veciños e veciñas, bo para Salceda, pero por suposto o Sr. Alcalde que non conte cos socialistas para levar a cabo este tipo de artimañas antidemocráticas”.

 

Ó longo do pleno, Verónica Tourón tamén lle lembrou ó goberno que “o alcalde non tivo intención de chegar a acordo en materia de retribucións porque xa tiña claro cal iba o seu proceder e non o necesitaba”.

 

Todo isto nunha sala de plenos totalmente repleta, na que moitas persoas quedaron de pe e na que os socialistas tiveron claro que “o aplauso de case a unanimidade dos asistentes na intervención da portavoz socialista e os comentarios, demostráronnos que non estamos equivocados nin afastados do sentir dos veciños e veciñas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.