Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 15 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Unha persoa faleceu na Cañiza tras sufrir un accidente co tractor que manexaba

[Img #19480]Unha persoa que traballaba cun motocultor nunha finca situada no lugar de Deva de Abaixo, na Cañiza, perdeu a vida onte tras sufrir un accidente co vehículo que manexaba. A difícil situación na que quedou o tractor –envorcou ó caer por un desnivel- complicou as tarefas para a recuperación do cadáver. No rescate foron necesarios os recursos humanos e medios materiais dos parques de bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño.

 

Ás 22:15 horas de onte, un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Quen alertaba advertía xa que a persoa estaba falecida. De inmediato, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, que nada puideron facer por salvar a vida do condutor do tractor. Ademais dos Bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se pediu a colaboración da Garda Civil.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.