Ponteareas
Un lume arrasa por completo un serradoiro de Ponteareas
Un incendio, que comezou pasada a media noite e no que aínda traballan os servizos de extinción, destruíu por completo un serradoiro da parroquia ponteareana da Santiago de Oliveira. Tanto a parte industrial como a zona de oficinas quedaron totalmente calcinadas, segundo confirmaron os Bombeiros do Baixo Miño. Por fortuna, ninguén resultou ferido. Ademais dos efectivos do parque porriñés e ponteareano, a intensidade do lume obrigou a mobilizar ós bombeiros dos parques do Morrazo e Ribadumia e, tamén, ós membros do Distrito Forestal da zona e do Servizo de Emerxencias de Mos.
Arestora, un retén formado por bombeiros do Morrazo continúa no lugar con labores de refrixeración. A cantidade de material combustible almacenado no interior da nave complicou enormemente a extinción do incendio. De tal xeito que, os primeiros efectivos en chegar solicitaron máis cisternas de auga para poder sufocar as intensas lapas. O persoal do CAE 112 Galicia activou o operativo ás 00:20 horas de hoxe grazas ás chamadas de varios veciños que se decataron do lume. A partir de aí, os xestores do 112 Galicia informaron ás forzas da orde e ás autoridades da Consellería do Medio Ambiente. Tamén pediron axuda ós voluntarios de Protección Civil de Cangas e Porriño e ós integrantes do GES da Guarda. Igualmente, se avisou a Unión Fenosa, pois é necesario suspender o subministro na zona mentres duran as labores de extinción do lume.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213