Mos
Louzán e Arévalo inspeccionan en Mos as obras de mellora das Rans e a Puxeiros-Rebullón que comezará próximamente
O presidente en funcións da Deputación, Rafael Louzán, vistaba onte pola tarde as melloras de seguridade no vial de AS RANS en Mos, obra financiadas pola administración provincial
Respecto dos traballos de acometida da obra, trátase dunha obra de gran relevancia, segundo apuntou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “por tratarse dunha importante optimización dunha concorrida e moi habitada zona urbana na parroquia de Tameiga”, explicou.
O proxecto foi financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo ó PPOS (Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra) 2015 que levou por título “Mellora da seguridade vial na rúa Rans e o seu enlace coa autovía A-55, parroquia de Tameiga” e que contou cun orzamento de 70.325,14 euros.
Esta obra contemplou actuacións de rehabilitación do firme da estrada e outras complementarias que melloraron a seguridade vial, a ordenación do tráfico no nudo de A Rans e a sinalización. Para elo construiuse unha nova isleta coa misma ubicación da xa existente e levouse a cabo a acometida da nova sinalización horizontal (mediante marcas viais) e vertical do nudo.
Por último Louzán visitou a Estrada Provincial 2604 Puxeiros-Rebullón onde comezarán nuns días as obras de mellora da seguridade viaria subvencionada pola administración provincial e cun orzamento total de preto de 300.000 euros. Estes traballos van ser acometidos ao abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) 2014. O ámbito de actuación comprende a totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 805 metros.
A importancia desta obra ven dada polo tráfico que soporta esta estrada, que é moi elevado, cunha intensidade media diaria de vehículos pesados de preto de 400 (categoría T2), debido a que serve de acceso ao Polígono Industrial do Rebullón.
As obras consistirán na rehabilitación superficial do firme cunha nova capa de rodadura de asfalto, instalación de sinalización vertical, pintado de sinalización horizontal ou marcas viais, e acometida de sistemas reductores de velocidade tales coma tres pasos de cebra elevados en substitución dos existentes, que teñen unha altura de 10 cm, unha lonxitude da zona elevada de 4 metros e unha lonxitude das rampas de 1 metro.
As obras de mellora da seguridade vial na EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) van requerir tamén traballos complementarios á rehabilitación superficial do firme da estrada, que serán actuacións puntuais en beirarrúas peonís e creación de pasos elevados, ordenación de zona de aparcadoiros no ámbito do Hospital Rebullón, reparación da canalización de abastecemento municipal, e mellora das condicións de drenaxe.
A maiores, no ámbito do Hospital Rebullón xeraranse novos espazos de aparcadoiro con itinerarios peonís adaptados, unha nova banda de aparcadoiro de 2.50 metros con beirarrúa de 1.80 metros, dando cumprimento ás normativas de accesibilidade. Esta zona quedarácomunicada co acceso ao Hospital mediante o paso de peóns que se está proxectado de xeito elevado ademáis outros dous pasos de peóns elevados, un fronte ó Colexio Lar e outro en Puxeiros.
Nesta estrada, según informou Louzán, a velocidade do tráfico quedará limitada a 50 kilómetros por hora en zonas de travesías con beiravías e a 30 por hora en zonas urbanas.
Ademais, esta obra incluirá tamén a reparación da tubería de abastecemento municipal que transcorre pola estrada e a mellora das condicións de drenaxe cun novo deseño de evacuación de augas pluviais.
Este proxecto contempla unha segunda fase, tal e como explicaba a rexedora local mosense, na que se acometerá o tramo Puxeiros-Peinador, co mesmo obxectivo de mellora da seguridade viaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22