Ponteareas
Comezan as obras de substitución da cuberta do pavillón municipal
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e a primeira tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, Chus Garrote, comprobaron in situ o inicio das actuacións
Os traballos de substitución da cuberta do pavillón municipal de Ponteareas xa están en marcha. O edil ponteareán de Deportes, Benito Márquez, quixo achegarse para comprobar persoalmente o comezo dunhas obras que contan cun orzamento que está cerca de chegar aos 109.000 euros e que teñen un prazo de execución de 45 días.
As actuacións, contempladas dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra, empezarán coa demolición do falso teito existente e coa retirada da cuberta de pranchas de fibrocemento de amianto, as cales están en moi mal estado, chegando a provocar goteiras que impedían a correcta práctica de moitas modalidades deportivas, resultando perigoso para os propios deportistas. Nesta primeira fase tamén se abordará a retirada parcial caleiros e baixantes das fachadas laterais.
Posteriormente procederase á colocación de pranchas de panel de sándwich con acabado lacado polas súas caras externas e cunha capa interior de illamento térmico. Ademais, instalaranse novos caleiros e baixantes de aluminio que estarán conectadas ás diferentes redes existentes.
Benito Márquez sinalou que as indicacións que ten a empresa contratada para levar a cabo estes traballos son as de tentar rematalos o antes posible, de xeito que non se entorpeza a actividade dos clubs deportivos que utilizan habitualmente as instalacións do pavillón municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213