Mos
Xunta e Concello colaboran na posta en marcha dun bus urbano que se integrará no Transporte Metropolitano de Vigo
A nova liña facilitaralles aos veciños de Mos o acceso en transporte público ao novo Hospital público de Vigo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colaborará co Concello de Mos na posta en marcha dunha liña de autobús urbano, que se integrará no Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. Este foi o principal asunto abordado na reunión que mantiveron en Santiago a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Ethel Vázquez trasladoulle á alcaldesa que a Dirección Xeral de Mobilidade está a ultimar a análise da proposta para a posta en marcha deste servizo e brindou a colaboración técnica necesaria para a súa posta en marcha.
A posta en marcha dunha liña de autobús urbano en Mos implicará importantes beneficios para os veciños, xa que suporá novos descontos para os usuarios do Plan de transporte metropolitano. Así, a Dirección Xeral de Mobilidade e o Concello coordinarán os servizos diarios, as paradas e a información relativa a esta nova de liña de autobús, que permitirá aos veciños de Mos que empreguen o servizo de autobús metropolitano poderán transbordar gratuitamente nesa liña urbana.
A modo de exemplo, grazas a este novo servizo un veciño de Louriñó poderá coller un autobús para desprazarse polo municipio de Mos e a continuación tomar a liña interurbana cara Vigo sen aboar máis que os 0,85 euros que lle custará este último traxecto si o aboa coa tarxeta TMG.
Ademais, a nova liña facilitaralles aos veciños de distintos núcleos de Mos o acceso en transporte público ao novo Hospital público de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101