Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os alcaldes das comarcas do Condado e A Paradanta demandan un transporte público de calidade ao novo hospital “Álvaro Cunqueiro”

A Casa do Concello de Ponteareas foi o lugar escollido para unha reunión na que participaron sete alcaldes e tres tenentes de alcalde

[Img #19510]Xosé Represas e María Jesús Garrote, alcalde e primeira tenente de alcalde de Ponteareas respectivamente, actuaron como anfitrións dun encontro no que participaron os alcaldes de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal; de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez; da Cañiza, Miguel Domínguez; de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo; de Covelo, Juan Pablo Castillo; de Crecente, Julio García Luengo; a tenente de alcalde de Arbo, Salomé Troncoso; e a tenente de alcalde de Mondariz, Mónica Peralba.


A xuntanza serviu para extraer da mesma unha soa voz en forma de esixencia: demandar á Xunta de Galicia un servizo de transporte público de calidade para que todos os veciños e as veciñas das comarcas do Condado e A Paradanta poidan desprazarse até o novo hospital de Vigo “Álvaro Cunqueiro”.


Todos os representantes concordaron na necesidade de que este servizo sexa áxil, operativo e directo, ademais de ter unha correspondencia en termos de tempo e custo económico coas cifras que até agora eran necesarias para desprazarse até o hospital Meixoeiro.


A reunión puxo de manifesto a coincidencia de todas as partes na falta de previsión por parte dunha Xunta de Galicia que, asemade, é a administración que debe aportar solucións, pois goza das competencias de sanidade e de transporte. Dita carencia de planificación prexudica ao transporte público e impide ofrecer un servizo que xa se converteu nunha auténtica demanda social por parte da veciñanza de todos estes concellos.


Uns municipios que, a través dos citados representantes, tamén acordaron facer fronte común para reclamar á Xunta de Galicia a apertura da negociación das condicións de entrada no sistema de transporte da área metropolitana de Vigo. Na actualidade, o concello de Salvaterra xa se encontra adherido a este sistema e a Dirección Xeral de Mobilidade xa comezou os estudos previos de tráfico e custos precisos para a adhesión de Ponteareas á área de transporte metropolitana.


Unha reunión que calificaron de “produtiva” na que os alcaldes as tenentes de alcaldía se comprometeron a seguir mantendo encontros para tratar aqueles temas que sexan de interese común para todos os concellos de ámbalas dúas comarcas.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.