Provincia
Rescatan a unha persoa ferida por mor dunha caída nas fragas de Moaña
Os Bombeiros do Morrazo rescataron esta tarde a unha persoa que resultara ferida por mor dunha caída nas fragas de Moaña. A persoa atopábase nun camiño forestal non transitable para vehículos, polo que tivo que ser trasladada en padiola ata a estrada máis cercana –a uns 400 metros-, onde unha ambulancia o agardaba. Un particular, que facía senderismo na zona, alertou ao 112 Galicia de que había catro persoas –dous adultos e dous menores- e que un dos adultos estaba ferido. Entre un grupo de persoas trataron de trasladar ao doente, mais estaban desorientados. Grazas ao envío das coordenadas mediante a aplicación WhatsApp, os servizos de rescate puideron saber o seu paradoiro. Así, no operativo de rescate posto en marcha polo CAE 112 Galicia participaron, tamén, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Moaña, ademais de Urxencias Médicas. O suceso tivo lugar pasados uns minutos das 17:30 horas de hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22