Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño será o punto de inicio da xira do Festival Folclórico Internacional

Xunto Os Penediños de Atios como anfitrións actuarán os grupos “Achterhookse” de Holanda e “Boa Vista de Funchal” de Madeira hoxe martes 21 ás 22.00 h

[Img #19524]O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura dirixida por Raúl Francés, preparou xunto coa asociación organizadora Meiramar Axóuxeres, un festival para “todos os veciños no que poder descubrir outras culturas e tradicións, neste caso concreto de Holanda e Portugal”.

 

Se o pasado mércores era a quenda dos bailarins uruguayos, hoxe  ás 22.00 h, serán os grupos Etnográfico da Boa Vista de Funchal, da Illa de Madeira (Portugal) e os Folkloredansers Achterhookse de Ruurlo (Holanda), acompañados do grupo porriñés Os Penediños de Atios.

 

Previo á súa posta en escea, as tres agrupacións desfilarán a partir das 21.00 h dende A Pontenova, pasando por Manuel Rodríguez ata a praza Arquitecto Antonio Palacios; deste xeito mostrarán ó público os seus coidados e espectaculares traxes típicos tradicionais, un vestiario que lucirán durante toda a súa xira galega que se inicia en Porriño e finaliza o 26 de xullo en Redondela tras actuar en Rianxo, Bueu, Moaña e Cuntis.

 

Raúl Francés apuntaba que “vivimos nun país moi rico en cultura e folclore e estes intercambios son ideais para manter este espírito en alza, xa que nos fan ver a importancia de manter a tradición dos nosos cánticos e danzas populares”.

 

Eugenio Piñeiro, de Axóuxeres, explicaba que “Porriño é un dos municipios que aprecian moito todo o tradicional e folclórico e sen dúbida con estes dous grupos estranxeiros van gozar, xa que coidan ó máximo os seus traxes e costumes”.

 

Javier Alonso -”Chisco”-, profesor de baile do grupo Os Penediños de Atios comentaba que “para a nosa asociación é unha grande motivación poder compartir con outras culturas un mesmo escenario” e é que o grupo porriñés realizará unha mostra das súas cantareiras, baile tradicional e gaitas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.