DEPORTES
O equipo de billar Goya de Ponteareas, no trono galego
A formación ponteareá vén de proclamarse campioa galega por segundo ano consecutivo
O campionato galego celebrado este mes de xullo na localidade coruñesa de Padrón valeu para confirmar, unha vez máis, o excelente nivel dos xogadores que forman parte do equipo de billar Goya de Ponteareas.
O conxunto formado por Ramón González, Benjamín Gómez, Luciano Novoa, Clemente González e Ramón Carrera acadou a primeira posición no torneo por equipos de primeira categoría. É o segundo ano consecutivo no que este grupo de experimentados xogadores de billar consegue situar a Ponteareas no chanzo máis da escada galega neste deporte.
Con esta competición remata a temporada para un grupo de deportistas contrastados e que gozan dunha longa traxectoria, chegando mesmo a participar en varias ocasións no campionato do mundo de billar celebrado nas Vegas, Estados Unidos.
Dende a concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, que agora dirixe Benito Márquez, os deportes con menos presenza mediática, como poder ser o caso do billar, tamén serán protagonistas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217