Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 16 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) aposta no Porriño pola innovación como estratexia empresarial

[Img #19530]Un nutrido grupo de empresas galegas, sobre todo da área metropolitana, asistiron á Xornada “Apostamos pola Innovacion”, celebrada na mañá de hoxe no Centro de Iniciativa Empresarial (CIE A Granxa) e organizada pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Fondo Social Europeo, dentro do programa público galego “Iniciativas Abertas de Difusión”. O evento contou coa participación da entidade certificadora European Quality Assurance (EQA) e da consultora porriñesa Galipad Consulting, así como da empresa Macraut Ingenieros SL.

 

O encontro, que versaba sobre os modelos de xestión da innovación e a norma UNE 166002 de I+D+i, permitiu debatir sobre a innovación en Galicia e no conxunto de España, o novo modelo de PEME Innovadora aprobado recentemente polo Ministerio de Economía y Competitividad, o modelo galego de innovación no marco da UE e as técnicas e ferramentas existentes para xestionar, difundir e promover a I+D+i empresarial.

 

Nicolás Iván Vaqueiro, Director de Galipad Consulting, foi o encargado da primeira ponencia da xornada, logo da apertura da mesma efectuada polo economista David Sobral, para debatir sobre o concepto de Innovación, a Xestión desta e o beneficios fiscais e desgravacións por proxectos de I+D+i dende a perspectiva de que “ a innovación é unha oportunidade de mellora da competitividade e, en Porriño, sabemos moito disto –en referencia a que existe non só un nutrido grupo de empresas que xa realizan innovación, senón tamén un centro de investigación de referencia, como é o CTAG, así como as entidades dos parques empresariais do municipio que apostan por impulsar a innovación. Estes", salientou Vaqueiro, "son un dos epicentros da innovación galega”.

 

Ademáis, a certificadora European Quality Assurance (EQA), explicou aos asistentes a importancia dos sistemas de xestion da I+D+i baseados na norma UNE 166002, como unha ferramenta chave para xestionar e promocionar a innovación nas empresas, nun intre no que o Goberno da Nación acaba de adoptar un novo modelo, o de “peme innovadora”, que vai dar moito de sí nos vindeiros anos.

 

Por último, a empresa Macraut Ingenieros explicou a súa experiencia como empresa innovadora, así como os proxectos que dende fai anos ven pondo en marcha neste eido.

 

Durante a clausura, o economista David Sobral destacou a importancia de seguir apoiando a innovación nestes tempos e valorou a importancia de que o 7% das empresas españolas que realizan innovación sexan de orixe galega, ainda que afirmou que é preciso, en Galicia, redoblar esforzos de xeito decidido pola I+D+i como mecanismo de mellora da competitividade do tecido productivo galego. "Só desde xeito" sinalou o secretario xeral dos parques empresariais de Galicia e membro da comisión de Economía da CEG, "a nosa comunidade autónoma comenzará a avanzar polo camiño da reindustrializacion".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.