GALICIA
O 061-Galicia asistiu a 93 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 93 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 17 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 19 de xullo. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 22 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 39 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.
En 87 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61