Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Un operario sufriu queimaduras nunha man a causa dunha fuga de amoníaco no Porriño

[Img #19554]Unha fuga de amoníaco no túnel de conxelación dunha fábrica situada no Polígono das Gándaras, no Porriño, provocou queimaduras nunha man a un operario. O ferido foi evacuado por unha ambulancia de Urxencias Médicas, que acudiu ó lugar tras a alerta do CAE 112 Galicia. A fuga xa está controlada e o amoníaco diluido en auga, polo que se descartan danos para a poboación e para o medio ambiente.

 

A válvula que regulaba o paso do gas rebentou cando o operario a estaba manipulando. De inmediato, o resto dos traballadores abandonaron a sala e se puxeron a salvo mentres agardaban a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño. Os efectivos do parque comarcal regaron a zona e cortaron o subministro xeral. Agora será o persoal de mantemento da fábrica quen faga as reparacións e os controis necesarios.

 

Os xestores do 112 Galicia activaron o operativo ás 15:40 horas desta tarde despois de recibir información dos Bombeiros do Baixo Miño. A partir de aí, se avisou, tamén, a Urxencias Médicas, Protección Civil do Porriño, Policía Local e Garda Civil.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.