Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 25 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O informe de avaliación ambiental estratéxica obriga a realizar cambios no PXOM de Ponteareas

O documento elaborado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental entrou esta semana no concello

[Img #19557]

 

A memoria ambiental do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas entrou esta semana na Casa do Concello. O documento elaborado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, obriga a realizar diversos cambios para considerar que o PXOM é viable dende o punto de vista ambiental.

 

Algunhas destas cuestións teñen que ver coa inclusión de actuacións que “favorezan a continuidade de espazos verdes na vila de Ponteareas” e coa esixencia de “realizar un estudo de viabilidade en relación coa área industrial da Lomba, conforme esixe o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, ademais dun estudo oferta-demanda de solo empresarial no concello e na comarca”.

 

A concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, quixo deixar claro que “este goberno municipal é plenamente consciente da importancia que ten aprobar o PXOM no menor período de tempo posible, do mesmo xeito que considera indispensable a resolución urbanística da zona industrial da Lomba”.

 

Co obxectivo principal de axilizar a tramitación, reconducir os traballos realizados e encarreiralos para poder aprobar o Plan Xeral, o goberno de Ponteareas está mantendo reunións semanais de traballo ás que asisten a arquitecta municipal e o equipo redactor. Nas últimas reunións contrastáronse os axustes realizados no Plan aprobado inicialmente coa finalidade de garantir os intereses públicos municipais.

 

Por outra parte, “tendo en conta a obriga de levar a cabo as modificacións indicadas no informe de avaliación ambiental e a necesidade de cambios puntuais en determinadas zonas para a mellora do interese xeral, resolverase a ordenación pormenorizada de zonas como o Sportivo, a parcela de Granitos de Galicia, e outras áreas concretas do solo urbano onde se considera que deben realizarse mudanzas específicas para mellorar a proposta urbanística” subliñan dende o concello.

 

O goberno municipal tamén está a contrastar os cambios realizados na normativa “para resolver a problemática dos edificios en situación de fóra de ordenación, na aprobación inicial de xullo de 2013, o mantemento das edificacións e os peches de carácter tradicional en solo de núcleo rural, e a articulación das propostas de rede viaria nesas áreas para a conservación da fisionomía tradicional dos asentamentos de poboación”.

 

Unha vez rematados estes traballos de revisión e modificacións puntuais, o goberno municipal manterá reunións cos diferentes grupos da oposición e con aqueles colectivos veciñais que fixeron alegacións ao plan no seu momento. Ademais, este goberno municipal lamenta que o anterior executivo local non fixera públicos os requirimentos de modificacións dos informes que foron chegando ao longo dos últimos meses e que precisan dun tempo para valoralos e levalos a cabo.

 

Por último sinalan que “a responsabilidade e o compromiso deste goberno municipal co Plan Xeral é máxima e todo o proceso de modificacións será desenvolvido de maneira pública e transparente, tendo en conta aos grupos da oposición e aos diferentes colectivos veciñais”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.