Baiona
O incendio dunha vivenda obriga a desaloxar un edificio en Baiona sen causar danos persoais
![[Img #19558]](upload/img/periodico/img_19558.jpg)
Os Bombeiros de Baixo Miño extinguiron a pasada noite un incendio nunha vivenda dun edificio de catro andares situado na localidade de Baiona. Concretamente, en Baíña, no lugar de O Burgo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Ás 21:30 horas da noite de onte, varios alertantes chamaron ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Ademais, moitos de eles, precisaron que se escoitara un forte estoupido e que romperan cristais. Por iso, ante a posibilidade de que houbese persoas afectadas, ademais de alertar aos bombeiros e ás forzas da orde, o 112 Galicia informou a Urxencias Médicas, aínda que, finalmente, non foi precisa a intervención dos técnicos sanitarios. Así e todo, a Policía Local procedeu a desaloxar o edificio por precaución.
Ao redor das 23:30 horas os Bombeiros confirmaron ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia que, o incendio, no que -por causas descoñecidas- ardeu un sofá, estaba extinguido. Unha vez ventilado o lugar, os veciños puideron voltar ás súas vivendas. Efectivos do GES de Val Miñor tamén foron parte do operativo posto en marcha polo CAE 112 Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101