Salceda de Caselas
O Goberno de Salceda repartirá 160.500 € brutos anuais en soldos
Marcos Besada, reduce o seu soldo nun 3,3%.
O Equipo de Goberno de Movemento Salceda ven de aprobar a súa proposta no pasado pleno que se celebrou o luns día 13. Esta nova proposta, que viña a sustituir á que se deixou sobre a mesa no Pleno de Organización, foi presentada aos portavoces dos grupos políticos do PP e do PSdeG hai días e foi debatida e aprobada no Pleno grazas aos votos de Movemento Salceda.
O Alcalde Marcos Besada asegurou que reduce o seu soldo actual nun 3,3%, “quedando así nun 18,5% máis baixo do que cobraba o seu antecesor do PP, e asume as áreas de Urbanismo e Coordinación de Proxectos”.
A proposta supón a reducción dunha Adicación Exclusiva e dunha Asesoría, que na lexislatura pasada tiña o PSdeG, “que nesta ocasión decidiu non entrar a formar parte do Goberno” segundo aseguran nun comunicado de prensa engadindo que “preséntase dentro dos límites marcados por Lei, e consta de 3 Adicacións Exclusivas, 2 Adicacións Parciais e 1 Asesoría, en lugar das 4 Adicacións Exclusivas, 1 Adicación Parcial e 2 Asesorías que existían na anterior lexislatura”.
Afirman que “o total dos custes de goberno redúcese en 27.000 € anuais (un 14,4 %), pasando de 187.500 € a 160.500 € brutos anuais, que sumado ao aforro da Seguridade Social do Concello supón unha reducción anual de 30.417,75 €”.
As Adicacións repartiríanse do seguinte xeito: Loli Castiñeira: Adicación Parcial de 21.000 € brutos anuais. Asumirá a 1ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Formación e Emprego, Sanidade, Turismo, Comercio e Consumo, Parques e Xardíns.
Jose Luis González: Adicación Exclusiva de 30.800 € brutos anuais. Asumirá a 2ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Economía e Facenda, Persoal, Réxime Interior, Tráfico e Seguridade. Ademáis exercerá a labor de Portavoz do Grupo Municipal de Movemento Salceda.
Tere Pérez: Adicación Exclusiva de 25.900 € brutos anuais. Asumirá a 3ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Benestar Social e Igualdade, Cultura, Festexos, Ensino e Normalización Lingüística.
Carla Pérez: Adicación Parcial de 21.000 € brutos anuais. Asumirá as áreas de Medioambiente, Deportes, Xuventude, Voluntariado, Participación cidadá e Novas tecnoloxías.
Cándido Lorenzo González: Sen Adicación. Recibirá compensacións por asistencia a Plenos, Comisións e Xuntas de Goberno. Asumirá a 4ª Tenencia de Alcaldía, así como as áreas de Vías e Obras, Servizos Municipais e Medio Rural.
Marcos Besada considera que “a proposta respecta os principios dunha remuneración adecuada, na medida de que implica resolver os problemas dos veciños e veciñas de Salceda e coa prioridade de garantir unha xestión eficaz que mellore e consolide o proxecto de cambio e transformación de Salceda iniciado no 2007, e coas adicacións precisas para traballar en facer realidade as 18 propostas que Movemento Salceda presentou nas eleccións de maio para os vindeiros 4 anos, avaladas nas urnas por unha ampla maioría social. A proposta supón unha reducción importante dos custos salariais do Goberno, e tamén garante levar a cabo os obxectivos cos que nos comprometemos co pobo de Salceda”.
Rematan lembrando que “as áreas que ata o de agora xestionaba o PSOE, Benestar Social, Formación e Emprego, Voluntariado e Deportes, foron distribuídas entre as concelleiras de Movemento Salceda, o que obrigará a asumir unha maior adicación horaria”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213