Provincia
Só Mos, Pazos, Baiona, Soutomaior e Salvaterra conservan a maioría 'popular' na área de Vigo
O PSdeG-PSOE gaña representatividade na demarcación e a suma dos partidos de esquerda podería conseguir a maioría en Xunta de Goberno e na Asemblea dunha hipotética área metropolitana.
Os concellos de Mos, Pazos de Borbén, Baiona, Soutomaior e Salvaterra de Miño son os únicos da hipotética Área Metropolitana en que o Partido Popular tería conseguido conservar a súa maioría absoluta e as alcaldías, marcando unha importante diferenza con outros municipios onde o PP non logrou goberno debido á ampla e variada fragmentación do voto nas pasadas eleccións. Os populares baixan así de once a cinco alcaldías.
Por outra parte os concellos de Vigo, Fornelos de Montes, Nigrán, Gondomar e O Porriño teñen, dende os pasados comicios, alcaldías socialistas, que gobernan con maioría absoluta -como o caso de Vigo- ou mediante acordos e pactos, mentres que outras formacións gobernan en Cangas de Morrazo (ACE), Moaña (BNG) ou Salceda de Caselas (MS).
Cambios na 'área de xogo'
Desta forma, tras o 24-M, ábrese unha nova etapa na política da provincia e na 'área de xogo' de Vigo, a esquerda tería agora unha maioría tanto na Xunta de Goberno (integrada polos alcaldes de municipios) coma na Asemblea (integrada por concelleiros de municipios segundo a súa poboación) dunha posible área metropolitana de Vigo.
Na actualidade o organismo que impulsou o PP non está formado, debido ao boicot do Concello de Vigo na súa constitución. Cabería a posibilidade de que aos 14 municipios que integrarían esta área se lle sumase algún máis que tería mostrado o seu interese e que podería ser clave para inclinar a balanza de goberno.
O feito de que os dous grandes partidos (PSdeG-PSOE - PP) non alcanzasen acordos no pasado para cuestións vitais como o transporte metropolitano ou o aeroporto de Vigo, non impediu que o alcalde da cidade, Abel Caballero, se reunise recentemente co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar de desbloquear proxectos claves que poderían poñer de novo en funcionamento a Área Metropolitana de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213