A que hora o sol é máis prexudicial para os ollos?
Seguro que equivocas! Ao contrario do que poidamos pensar, a peor hora de exposición ao sol para os ollos é ao amencer e ao atardecer. A pesar de que antes dos 16 anos os ollos reciben o 80% da radiación solar que pode danar a visión, só o 2% dos nenos utiliza lentes de sol.
Aínda que segundo un estudo realizado por Jonhson&Jonhson, o 65% da poboación di preocuparse por protexer os seus ollos dos raios ultravioleta, a Fundación ALAIN AFFLELOU alerta de que son poucos os que toman medidas de protección, sobre todo no que se refire aos nenos: só o 2% dos menores utiliza lentes de sol.
España é un dos países con máis días de sol. Unha media de 300 días soleados ao ano invítannos a saír á rúa e a adquirir hábitos de vida e rutinas ao aire libre; os nenos en particular pasan máis tempo fóra de casa. Se a isto lle sumamos que a capa de ozono, o noso principal escudo protector fronte aos raios ultravioleta, está cada vez máis danada e deixa filtrar a radiación solar, os datos indican que nos encontramos ante o período da historia de maior exposición aos raios UV. Igual que os pais non esquecen poñer crema protectora para resgardar a pel dos nenos dos efectos do sol, tamén deberían reparar no perigo que os raios UV poden ter sobre os ollos.
Elvira Jiménez, óptico-optometrista de ALAIN AFFLELOU e Máster en Investigación Clínica, sinala que o sol non afecta á pel e á vista do mesmo xeito. Mentres que a exposición ao sol nas horas centrais do día (entre as 12 e as 16 horas) é extremadamente perigosa para a pel, os principais efectos daniños da radiación solar sobre a vista prodúcense ao amañecer e ao atardecer, o momento no que o sol está máis baixo e os seus raios inciden de xeito directo nos ollos.
Jiménez subliña tamén que adoitamos identificar os perigos do sol coa intensidade da radiación, “cando en realidade o sol é igual de daniño para a vista aínda que o día estea anubrado”. Cando o ceo está cuberto, as nubes absorben a calor e parte da luz, pero a radiación UV penetra igual. Aínda que os efectos non nos molesten directamente aos ollos e non nos decatemos, mesmo en días anubrados a radiación solar pode xerar problemas visuais a longo prazo.
O dano ocular producido polos raios ultravioleta é acumulativo e permanente. Produce danos de efecto inmediato como a queratoconxuntivite e as queimaduras corneais e de retina, e danos a longo prazo, como a pinguécula, o pterigium, as cataratas, a Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAE) ou o nevus.
Por iso a Fundación ALAIN AFFLELOU alerta da necesidade de protexer os nenos do sol dende pequenos para evitar danos sobre a vista. Aínda máis cando se sabe que antes dos 16 anos os ollos reciben o 80% da radiación solar que pode danar a visión.
Elvira Jiménez recomenda utilizar lentes de sol o máis envolventes posible para evitar o paso dos raios por zonas laterais. Recomenda tamén elixir lentes de policarbonato, que son máis resistentes á rotura, e sobre todo filtran máis os raios UV que unha lente orgánica normal. A categoría das lentes debe ser categoría 3 (C3) para que absorban unha cantidade de luz abondo para conseguir unha maior protección.
OS FALSOS MITOS DOS EFECTOS DO SOL SOBRE A VISTA EN VERÁN
Os nenos están exentos dos perigos do sol se están debaixo da antuca na praia ou na piscina.
FALSO: A tea da antuca non é un filtro UV. Baixo a antuca mantense un 35% da radiación solar. Polo tanto, pódese xerar o efecto contrario ao desexado facendo que a exposición sexa máis prolongada e se acumule máis radiación UV, tanto na pel coma nos ollos.
Ademais, hai que ter en conta que a luz que nos chega reflectida doutras superficies como a area e a auga do mar e fará que a radiación solar sexa máis intensa, aumentando así o seu potencial daniño.
É suficiente protexer o meu fillo cunha gorra.
FALSO: O uso de sombreiro ou gorra con viseira pode reducir a exposición dos ollos aos raios UV ata nun factor de catro. Pero para protexelos mellor dos raios directos e periféricos é obrigatorio o uso de lentes de sol envolventes.
Os nenos necesitan mesmo maior protección UV que os adultos. O risco de dano aos ollos e a pel da radiación UV solar é acumulativo ao longo da vida, é dicir, o perigo segue crecendo a medida que imos acumulando horas de exposición ao sol durante toda a nosa vida. Por esta razón, é especialmente importante para os nenos protexer os seus ollos do sol. Ademais, adoitan pasar moito máis tempo ao aire libre que os adultos.
Cando vaias á praia ou á piscina non se che esqueza o kit completo: a antuca, o sombreiro e os lentes de sol.
Non é necesario utilizar lentes de sol se o día está anubrado.
FALSO: A radiación solar sempre está presente, dende que amence ata que anoitece. É máis, mesmo nos días anubrados, con nubes altas, o índice de UV só se atenúa lixeiramente a 0,9 en lugar do 1,0 existente cando non hai nubes ou estas son mínimas. Só a chuvia, a néboa e as nubes baixas reducen significativamente a exposición á radiación UV.
A exposición ao sol nas horas centrais do día son as máis perigosas para a vista.
FALSO: O motivo é que a esas horas o sol se encontra no seu punto máis alto e, aínda que si queimes a pel, os ollos están máis protexidos pola sombra das pálpebras.
Ao contrario que acontece coa pel, os principais efectos da radiación solar sobre a vista se producen ao amañecer e ao atardecer, o momento no que o sol está máis baixo e os seus raios inciden de xeito directo sobre os ollos.
A diferenza da pel, os meus ollos non teñen memoria.
FALSO: Ademais de efectos a curto prazo nos ollos como a queraconjuntivitis, o dano ocular provocado polos raios ultravioleta é acumulativo e permanente. Aínda que non notemos o dano, a radiación produce patoloxías crónicas como a pinguécula, o pterigium, as cataratas ou a Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAE).
Os lentes de sol que compras na rúa protexen igual que as da óptica.
FALSO: Todos os lentes de sol deben estar homologados, de non ser así supoñen un grave perigo para a saúde visual. Sempre debes comprar os lentes nun establecemento especializado coa supervisión e recomendación dun experto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217