GALICIA
A Xunta comeza a entrega de vehículos a concellos pontevedreses para reforzar os servizos de seguridade
Alfonso Rueda entregou hoxe dez vehículos á Policía Local dos concellos de Bueu, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta tarde de dez vehículos á Policía Local dos concellos pontevedreses de Bueu, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.
O acto tivo lugar na delegación da Xunta en Pontevedra, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, José Manuel Cores Tourís. As entregas destes vehículos, que comezaron o pasado martes na provincia da Coruña, estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros.
Ata o momento, xa se levan entregado trinta e tres vehículos aos corpos da policía local de distintos concellos coruñeses e pontevedreses, e mañá está previsto que finalice a entrega dos coches á policía local de distintos concellos da provincia de Pontevedra. Deste xeito refórzase colaboración entre a Xunta e os concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.
No acto de entrega, Rueda destacou a importancia desta dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.
Esta é unha actuación máis que se suma as colaboracións coas Administracións que, dende a Xunta, realízanse anualmente en materia de seguridade e emerxencias, como é o caso da cooperación cos voluntarios da Protección Civil, a formación na Academia Galega de Seguridade Pública, cos Grupos de Emerxencia Supramunicipais ou cos parques de bombeiros comarcais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33