Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Xornada Canina en Amorín, Tomiño

O vindeiro sábado 1 de Agosto realizarase a primeira edición das Xornadas Caninas en Amorín, Tomiño. Os obxectivos desta xornada son informar sobre a normativa actual relativa á posesión de animais de compañía; proporcionar formación sobre coidados básicos, especialmente en alimentación e vacinación e dar pautas de educación básica para os nosos amigos caninos. Tamén se explicará o traballo que realizan as asociacións protectoras e cáles son as diversas vías de colaboración que existen para axudarlles a desenvolver a súa imprescindible labor.

 

Ó longo da mañá, poderase realizar a adopción e/ou apadriñamento dos animais traídos polas protectoras

 

As xornadas, nas que participarán clínicas veterinarias e varias asociacións protectoras da comarca, realizaranse na Casa dos Mestres de Amorín, en horario de 10:00 a 19:00. O programa detallado das xornadas está dispoñible na páxina web da Asociación de Veciños de Amorín, organizadora das xornadas.  A participación é gratuíta pero, debido a que o aforo é limitado, recoméndase inscrición previa a través do correo avdamorin@gmail.com ou a través do formulario dispoñible na web da asociación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.