Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos prepara programas de emprego para os vindeiros seis meses

[Img #19620]Mos prepara, durante estes días, todas as ferramentas necesarias para poñer en marcha programas  de formación e fomento de emprego para os vindeiros  6 meses.  Todos os  programas están financiados ou cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das respectivas Direccións xeráis e  englobanse dentro das políticas activas de emprego que está desenvolvendo o Concello de Mos, a través da Axencia de Colocación, e que se encadran no slogan: “Mos Territorio de oportunidades”,  estando dirixidos fundamentalmente a “mellorar a empregabilidade e a capacitación profesional de tódolos mosenses, e de mellorar e facilitar o acceso ao mercado laboral.

 

Para todos éstes programas asináronse Convenios de colaboración con numerosas empresas para realizar períodos de prácticas prelaboráis nas mesmas, definición de perfís ocupables e necesidades das propias empresas”.

 

Os programas que se van a desenvolver durante este segundo semestre son  accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas que comezará o  5 agosto e rematará o 15 decembro 2015, dirixido a 30 alumnos/as e cunha  especialidade formativa en Marketing e Compravenda internacional  e outra  Especialidade formativa en Xestión administrativa e financeira do comercio internacional

 

Por outra banda impartiranse tamén os obradoiro de emprego “Mellorar Mos” que comenzará o  17 agosto 2015 e rematará o  29 febreiro 2016  dirixido a 19  alumnos-traballadores cunha subvención concedida de 169.249,15 €.

 

Este último abarcará as expecialidades de pavimentos e albanelería de urbanización (6 traballadores), mecanizado de madeira e derivados (7 traballadores) e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (6 traballadores)

 

Outro propósito importante é o denominado  Plan Integrado de Emprego co seu inicio o  primeiro de  setembro 2015  e remate o 31 agosto 2016, ofrecerá formación a 90 usuarios e  conta cunha Subvención concedida de 216.000 €, que irá íntegramente dirixida aos colectivos de: menores de 30 anos e baixa cualificación: 54; menores de 30 anos desempregados: 17; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI): 10 e a persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA)

 

Xa por último, dende o Concello, estase a elaborar o denominado “OBRADOIRO DE EMPREGO ‘MOS COA MOCIDADE’” que dará comenzó o  29 setembro 2015  e rematará  o 30 marzo 2016; dirixido a 16 alumnos - traballadores e cunha subvención concedida de 136.083,22 €

 

Impartiranse as especialidades de ‘Seguridade e Ambiente’ para 8 alumnos e ‘Servizos Socioculturais e á Comunidade’  tamén para outros 8 alumnos.

 

Por outro lado, e como iniciativas e servizos propios do Concello e permanentes, todos estos programas teñen acceso de forma transversal ao servizo ofrecido a través, por un lado, pola Axencia de Colocación do Concello de Mos.

 

Aos servizos de intermediacíon laboral que se ofrecen dende a Axencia súmase programación formativa adaptada e en concordancia coas necesidades dos usuarios. Os interesados poden acceder a información da mesma a través da súa páxina web www.axenciadecolocacionmos.es  e por outro lado, o Concello de Mos adheríuse á Rede Conecta, e acreditóuse como certificadora de Beca MOS, unha certificación oficial de Microsoft (Micorsofty Office Specialist). Esta é unha certificación con validez internacional que lle aporta ás persoas que a obteñen unha mellora do seu currículo no ámbito das novas tecnoloxías, e é convalidable con créditos por algunas universidades  . O día 21 de setembro, ás 12:00 horas haberá una presentación oficial de Microsoft na Axencia de Colocación.

 

O Concello de Mos, a través da  Axencia de Colocación, implementa programas coma estes chegando, en conxunto, a atender a preto de  1500 usuarios.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.33

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.