Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta de Goberno mosense aproba as bases das axudas para material escolar e a contratación de dous técnicos de emprego

Estes dous novos traballadores terán contrato dun ano e xestionarán o Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, no que participarán 90 usuarios

[Img #19638]A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, presidida pola alcaldesa mosense Nidia Arévalo, aprobou durante a sesión celebrada esta mañá na Casa Consistorial as bases para as axudas para a adquisición de material escolar do curso 2015-2016 e a contratación de dous técnicos para a xestión do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0

 

Sobre estas axudas a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informou de que se trata das subvencións anuais que o Concello de Mos saca para as familias do alumnado, de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dirixidas á compra de material escolar, considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto que sexan  subvencionados ou cedidos por outras administracións.

 

Os ingresos económicos que se computarán para a puntuación á hora de optar a esta axuda serán os dos seis primeiros meses do ano 2015. Para a concesión da mesma terase en conta o número de membros e a renda per cápita da familia, partindo do Indicador Público de Renda de Efectos  Múltiples (IPREM = 532,51 €). O promedio de ingresos, da unidade familiar, dos seis primeiros meses do ano 2015 non poderá superar  estas cantidades: unidade familiar de dous membros 1065,02 €, unidade familiar de tres membros 1597,53 €, unidade familiar de catro membros 2130,04 €, unidade familiar de cinco membros 2662,55 €, unidade familiar de seis membros 3195,06 € e unidade familiar de sete membros 3727,57 €.

 

Excepcionalmente e para aqueles casos que así se xustifique, poderase admitir, previo informe favorable do   equipo de Servizos  Sociais, a aqueles solicitantes que  superen o baremo económico, non cumpran algunha das condicións esixidas nas presentes bases ou non acheguen algunha da documentación esixida, e así o fagan recomendable para garantir a educación dos/as menores.

 

O importe das axudas non superarán en ningún caso o 100 % do gasto xustificado nin o importe seguinte: Educación Infantil (0- ata 3 anos) ata 20,00 €, Educación Infantil (3- ata 6 anos) ata 50,00 €, Educación Primaria ata 40,00 € e Educación  Secundaria ata   40,00 €.

Tras a probación en Xunta de Goberno Local estas bases terán que ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia, BOP, estimándose que dita publicación se producirá no mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, e poderán ser solicitadas as axudas por parte dos pais e nais de alumnos interesados durante os 20 días seguintes á publicación das mesmas no BOP.

 

Contratación técnicos emprego

 

Pola súa banda o concelleiro de Promoción Económica e Emprego Óscar Soto, anunciou a apertura do proceso de selección para a contratación dos técnicos que xestionarán o Plan Integrado de Emprego Mos 3.0

 

O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, que desenvolverá o Concello de Mos durante o período dende o 1 de setembro ao 31 de agosto do ano 2016, será xestionado por persoal especializado no desenvolvemento de Plans Integrais de Emprego e na xestión de recursos humanos e itinerarios individualizados de inserción. Así se plantexa nas bases de selección, que foron aprobadas no día de hoxe na Xunta de Goberno Local  a contratación de dous/dúas técnicos/as responsables da xestión do Plan e especializados en orientación, prospección e intermediación laboral. O obxectivo do plan e do equipo técnico, que se integrará por estes dous técnicos/as e por persoal propio da Axencia de Colocación, é a inserción final de tódolos participantes no Plan, que serán 90 persoas, e dun mínimo de 41 persoas insertadas, despois dos 12 meses de execución do Plan Integrado Mos 3.0 que desenvolverá para estes participantes (a maioría deles menores de 30 anos), itinerarios individualizados de inserción, formación transversal e específica, itinerarios de prácticas prelaborais en empresas con compromiso de contratación, e dúas medidas innovadoras que se farán publicas o 1 de setembro, data de inicio do Programa.

 

Os postos convocados son técnico en orientación laboral e prospección laboral. O técnico de orientación laboral terá como obxectivo esencial o desenvolvemento integral do Plan, cuxo obxectivo é promover a inserción social e laboral dos beneficiarios do mesmo, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción.  Período de contratación: 1 setembro 2015-31 agosto 2016.

 

E o técnico en prospección e intermediación laboral terá como obxectivo esencial o desenvolvemento integral do Plan, cuxo obxectivo é promover a inserción social e laboral dos beneficiarios do mesmo, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción. Período de contratación: 1 setembro 2015-31 agosto 2016.

 

Estes técnicos terán ademais intervención directa no proceso de selección dos/as 90 usuarios/as do Plan Integrado, dacordo cos colectivos preferentes. As persoas interesadas en participar no Plan deben inscribirse na Oficina de Emprego de Porriño, tendo preferencia os colectivos de menores de 30 anos con baixa cualificación, os menores de 30 anos desempregados, as persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI) e as persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.