Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Rosa Quintana visita en Mos as instalacións da Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos

A Consellería destinou máis de 5,5 millóns de euros para a construción dunha planta de AFAMSA, no marco das achegas para transformación e comercialización de produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura

[Img #19639]A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou onte as instalacións da empresa AFAMSA, sita no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, acompañada pola concelleira mosense de Medio Ambiente e Urbanismo, Julia Loureiro,  e os tamén edís Camilo Augusto, Luis Alonso e Cándido Pérez.

 

Esta visita coincide co 50 aniversario de AFAMSA, que xa conta cunha traxectoria empresarial de medio século ás súas espaldas e leva dende o ano 2013 asentada en Mos, cuarto municipio en tecido industrial da provincia de Pontevedra e que conta nas súas fronteiras cunha importante infraestrutura, como é o PEMOS-Veigadaña, próximo ó 50% de ocupación empresarial con 37 parcelas ocupadas e inaugurado en 2012.

 

A conselleira destacou esta mañá durante a súa estancia nas instalacións da empresa a aposta do seu departamento por mellorar a competitividade das empresas e conseguir un maior nivel de diversificación e diferenciación da oferta, así como modernizar tecnoloxicamente os procesos de produción e distribución. Así o dixo Rosa Quintana durante a súa visita á planta da Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos (AFAMSA) de Mos.

 

O departamento que dirixe destinou máis de 5,5 millóns de euros para a construción dunha planta desta empresa, ao abeiro das achegas para transformación e comercialización de produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura. Rosa Quintana fixo fincapé nos aspectos que se melloraron nas instalacións de AFAMSA grazas a esta achega. Así, perfeccionáronse aspectos relativos ás condicións hixiénicas, ao aproveitamento e valorización de subprodutos e residuos e ao respecto ao medio ambiente.

 

Estas axudas concédense para mellorar as condicións de traballo das empresas e están dirixidas á fabricación de produtos de alta calidade para mercados altamente especializados que promovan un mellor emprego de especies, subprodutos e residuos pouco aproveitados.

 

AFAMSA

 

A Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos creouse no 1965, coa unión de varios produtores de aceite e fariña de peixe. As instalacións visitadas hoxe ocupan unha superficie de 28.000m². Esta empresa dedícase á transformación de aceites de peixe obtidos de fontes sustentables, o que lle permite ser un referente no sector a día de hoxe. Tamén diversificaron a actividade da empresa, comezando a transformar diversas fraccións de aceite de palma en produtos destinados principalmente á alimentación animal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.