Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

A Xunta destaca que a colaboración entre administracións mellora a prevención e a loita contra os incendios forestais

Alfonso Rueda, Rosa Quintana e Santiago Villanueva visitaron o escuadrón de cabalería da Garda Civil encargado da prevención de incendios forestais na provincia de Pontevedra

[Img #19646]O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañaron esta mañá ao delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na súa visita ao escuadrón de cabalería da Garda Civil encargado da prevención de incendios forestais na provincia de Pontevedra.

 

No encontro, Rueda destacou que o dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais que está operativo desde o pasado 1 de xullo, o PLADIGA, é o máis potente de toda España, xa que pode acadar ata os 7.000 efectivos nesta tempada de alto risco.

 

Nel participa persoal da Xunta, do Estado e dos concellos, nun exemplo de colaboración institucional que permite obter os mellores resultados, lograr sinerxías e minimizar os danos. Esa cooperación é fundamental para seguir traballando e mellorando cada día na prevención e extinción dos lumes, así como na loita contra os incendiarios. Tamén colaboran a Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, de xeito coordinado, sen descanso e dende moi diversas frontes, como a unidade cabalar que visitaron hoxe Rueda e Villanueva en Tui.

 

O obxectivo é que ninguén que prenda lume nos montes pense que vai quedar impune. Por iso no que levamos de ano os axentes da Autonómica levan detidas ou imputadas a 40 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais, a última delas o pasado xoves en Santiago, tras ocasionar un incendio na parroquia de Figueiras que arrasou preto de 70 hectáreas de monte.

 

Inimigo común


Por outra banda, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, advertiu que “todos temos que loitar contra o inimigo común que son os incendiarios” e pediulle á cidadanía que “de verdade tomemos conciencia desta realidade, independentemente da ideoloxía de cada quen”.

 

Ademais, amosouse moi satisfeita do traballo que están desenvolvendo os corpos e forzas de seguridade do Estado na defensa dos nosos montes e valorou en particular o labor da Garda Civil a cabalo e tamén do Seprona para conseguir previr os incendios. Sinalou tamén o papel disuasorio destas brigadas fronte a quen ten intención de facer dano no monte. Sobre as críticas recibidas pola súa xestión, a conselleira insistiu en que valora positivamente as de carácter construtivo, pero gustaríalle –dixo– “que se tivera conciencia por parte de todos de quen é o inimigo da sociedade galega en xeral, que é aquela persoa que con ánimo de destrución se achega ao monte”.

 

Escuadrón de Cabalería da Garda Civil


O Escuadrón de Cabalería da Garda Civil que visitaron esta mañá ten sede en Mondariz, está integrado por once efectivos -dez xinetes e un condutor- e forma parte da “Operación Lumes”, que é o dispositivo que desprega a Garda Civil dentro do PLADIGA.

 

Ademais deste, Galicia conta con outros dos escuadróns máis ubicados en Sandiás (Ourense) e Santiago de Compostela. Unha das tarefas principais destes grupos é vixilar as masas forestais das súas tarefas de traballo -no caso de Pontevedra as comarcas da Louriña, O Condado e Paradanta- para previr e detectar incendios forestais.

 

Sector lácteo


Por outra parte, preguntada polo sector lácteo, a conselleira do Medio Rural e do Mar destacou que a Xunta está a traballar da man do Ministerio de Agricultura e do sector en medidas a curto, medio e longo prazo para axudarlle na saída da crise que padece.

 

Neste sentido, lembrou os máis de 116 millóns de euros postos a disposición do sector dende o pasado mes de outubro ata xuño e os 500 millóns de euros contemplados no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2016-2020 con este mesmo fin. Tamén sinalou que “estamos a traballar coas diferentes entidades bancarias para tentar buscarlles facilidades nos créditos e amortización dos intereses”. En todo caso, aínda recoñecendo que a situación é “mala”, advertiu que non é peor que se atravesaba na primavera de 2009.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.