Ponteareas
O Mercado Municipal de Ponteareas renova o seu aspecto
O interior da praza de abastos municipal muda estes días a súa “faciana” para tentar vincular a este emblemático lugar coa súa propia historia
O Mercado Municipal do Concello de Ponteareas atópase en pleno proceso de renovación. A concellería de Comercio, xestionada por Mario Lago, vén de comezar os labores de decoración da Praza de Abastos, a cal terá un aspecto “máis limpo, elegante e atractivo para os clientes da mesma, repercutindo indirectamente de xeito positivo nos propios comerciantes”.
Os corredores do mercado xa locen nova vexetación en todos os pisos e novos carteis nos que poder anunciar diversos eventos e actividades relacionados co mercado, en particular, ou co Concello de Ponteareas en xeral. As macetas utilizadas para depositar estas plantas foron recuperadas da zona de carga e descarga de mercadorías da propia Praza de Abastos, onde se atopaban “en estado de aparente abandono”.
O próximo paso a dar por parte da concellería de Comercio e da concellería de Cultura será a selección de fotos antigas da praza de abastos que permitan coñecer, a todas as persoas que se acheguen, un pouco máis polo miúdo a historia deste edificio e dos traballadores e das traballadoras que por el pasaron.
Os cativos e as cativas do Campus Tea, que nesta segunda quincena de xullo están inmersos no descubrimento de diferentes procesos dos alimentos, tanto dos procesados como daqueles cunha orixe ecolóxica, visitaron onte as instalacións do mercado e comprobaron de primeira man as primeiras mudanzas levadas a cabo polo goberno local. As monitoras deste campamento urbano organizado pola concellería de Ensino acompañaron aos rapaces nesta visita.
Dende a concellería de Comercio dirixida por Mario Lago existe “a firme intención de dotar ao Mercado Municipal dunha imaxe que axude aos comerciantes, ofrecendo os recursos que o consistorio teña á súa disposición, os cales pasarán tamén pola posta en marcha dunha ferramenta informática, coa colaboración neste caso da concellería de Novas Tecnoloxías dirixida por Benito Márquez, que permitirá organizar os activos do sector comercial e hostaleiro dunha maneira máis sinxela”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22