GALICIA
O 2016 incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e o 24 de xuño
Haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia
O Consello da Xunta aprobou o calendario laboral para o vindeiro ano 2016. A proposta é “acorde aos obxectivos marcados con carácter económico, de tal xeito que a fixación dos festivos autonómicos afecte o mínimo posible á produtividade; pero tamén, é respectuosa coa natureza dos principais días festivos da Comunidade Autónoma” segundo explicou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
Segundo concretou, o vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia.
En total, precisou, son doce días que inclúen a axenda de festivos estatais e autonómicos de 2016, aos que se sumarán dous festivos locais que deciden os concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22