Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 01 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Entrega de diplomas ós novos monitores de futbol base

En total foron 26 participantes neste curso que xa contan coa acreditación de entrenadores esixida a partir de setembro

[Img #19658]A alcaldesa do Porriño entregou o pasado xoves os diplomas ós novos monitores de fútbol base que finalizaron o curso organizado pola Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores, en colaboración co Concello do Porriño. 
 

Eva García de la Torre agradeceu ós 26 alumnos “o traballo que realizarán na formación de xóvenes e nenos transmitíndolles os valores asociados á práctica deportiva, como son o esforzo, a superación, a perseveranza, o respecto, a solidaridade e o compañeirismo”. A alcaldesa do Porriño engadiu que por este motivo o Concello “está a dar un importante apoio ás escolas deportivas e ó deporte base”.


No acto de entrega de diplomas tamén participaron o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, e o Director do curso de monitores, José Luís Mosquera. Este é o segundo ano que o curso celébrase no Porriño coa colaboración do Concello. 


“Trátase dun curso intensivo de 65 horas de duración, distribuídas no último mes e medio”, explica Jose Luís Mosquera. “O do Porriño é un dos cursos con maior afluencia. Hai que ter en conta ademáis que a partir do próximo mes de setembro esixirase que os adestradores de categorías inferiores teñan diplomas que os acrediten como tales”. Os alumnos recibiron formación sobre técnica, táctica, reglamento, medicina deportiva e psicoloxía aplicada. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.