GALICIA
O comité intercentros da CRTVG demanda "pluralidade" nos medios públicos
Califican de “partidista” a decisión de PPdeG e PSdeG “allea ao interese xeral, maniféstase na súa parcialidade ao non incorporar outros aspectos fundamentais regulados pola Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia”
O Comité Intercentros da CRTVG ven de expresar o seu rexeitamento ao acordo acadado entre o PPdeG e o PSdeG para renovar o Consello de Administración da CRTVG, no que aos populares lles outorgan 4 membros e aos socialistas 2. Este pacto “representa un grave atentado ao pluralismo existente no país ao deixar fóra do órgano de administración da CRTVG aos grupos parlamentarios de AGE, BNG e mixto, mesmo en contra do criterio de proporcionalidade” sinalan nun comunicado emitido hoxe.
A representación legal do persoal na CRTVG cre que “o pluralismo, como dereito fundamental da cidadanía, debe expresarse tanto nos contidos dos medios públicos como na xestión dos mesmos, sendo este último garantía daquel”.
A “gravidade” do acordo “acrecéntase ao blindar a maioría absoluta do Partido Popular no Consello de Administración por un período de 5 anos, a só un ano das eleccións autonómicas nas que unha hipotética mudanza na composición do Parlamento, no que o Grupo Parlamentario Popular perda a súa actual maioría, podería supoñer o bloqueo á renovación do órgano de goberno dos medios públicos con tan só manter esa forza política 25 escanos” explican.
Ademais, califican de “partidista” a decisión de PPdeG e PSdeG “allea ao interese xeral, maniféstase na súa parcialidade ao non incorporar outros aspectos fundamentais regulados pola Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia” Engaden que “non se inclúe a elección dun novo director ou directora xeral por maioría cualificada de dous terzos, que garanta a súa imparcialidade. Tampouco se aborda a aprobación do mandato marco que asegure un financiamento estable, unha garantía de produción propia interna e o mantemento dos postos de traballo na CRTVG. Igualmente omítese a aprobación do estatuto profesional e do consello de informativos co fin de garantir a profesionalidade e a independencia dos contidos, ou a regulación do dereito de acceso dos grupos sociais e políticos significativos do país como condición necesaria do pluralismo”.
O Comité Intercentros fai un chamamento “á responsabilidade e o esforzo de todas e todos co fin de acadar un consenso amplo, que integre á totalidade das forzas políticas con representación parlamentar, para desenvolver a Lei no seu conxunto e garantir dunha vez por todas uns medios públicos galegos independentes, plurais e de calidade. En definitiva, unha radio e unha televisión públicas ao servizo do interese xeral da cidadanía galega”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213