Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 04 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Concello advirte aos hostaleiros a "obriga" de regularización das terrazas instaladas na vía pública

[Img #19669]A Concellería de Comercio, Hostalería e Consumo do Concello de Ponteareas, que dirixe o edil Mario Lago Moriña, iniciará esta semana a notificación aos  establecementos de Ponteareas que teñen instaladas terrazas na vía pública sen a correspondente licenza municipal para que no prazo de 48 horas, desde a recepción da notificación, procedan á súa regularización, advertíndoselles que, no caso contrario, o Concello de Ponteareas procederá á incoación do expediente de retirada da terraza, así como ao de imposición da sanción correspondente, segundo se establece na normativa actual.

 

Unha vez notificados terán un prazo de 48 horas para solicitar licenza, no caso contrario o concello procederá a retrirada da terraza e aplicará a multa correspondente

 

Segundo manifesta  Mario Lago “o obxectivo desta medida é aplicar co máximo rigor a vixente ordenanza do Concello de Ponteareas sobre instalación de mesas, cadeiras e terrazas na vía pública, tal e como se lles informou aos hostaleiros nunha xuntanza mantida o pasado mércores, día 29 de xullo, onde  se trataron outros temas, así como se lles ofreceu aos hostaleiros o máximo apoio do Concello de Ponteareas, axudándoos en todo o posible para que poidan regularizar as súas terrazas”. Ao mesmo tempo, o edil responsable da área de Hostalería amosou o seu compromiso de establecer un criterio diferenciador entre a época estival e o inverno, en canto ao prezo, que será establecido, previsiblemente, o vindeiro ano co obxectivo de "beneficiar a todos os establecementos de Ponteareas".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.