Mos
50 mozos mosenses participaron nos cursos Actívate de Acompañante de Transporte e Comedor Escolar
As accións formativas impartíronse na Axencia de Colocación durante os meses de xuño e xullo
A concelleira de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro, clausurou a semana pasada os dous cursos Actívate impartidos na Axencia de Colocación de Mos, nos que participaron 50 mozos e mozas mosenses.
Ditas accións formativas foron a de Acompañante de Comedor Escolar que se impartiu do 22 de xuño ó 7 de xullo e contou con 25 participantes, e a de Acompañante de Transporte Escolar impartida do día 13 ó 28 de xullo e que contou tamén con outros 25 alumnos.
Ambas foron actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e tempo libre, de interese xuvenil e que viñan a responder ás demandas en materia de formación da xente nova do Concello de Mos, concretamente ós mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas).
Estes cursos non supuxeron custo para o Concello ó ser íntegramenre financiados pola Deputación de Pontevedra. Dende a administración local mosense aportáronse as instalacións da Axencia de Colocación e os medios materiais precisos para o axeitado desenvolvemento dos cursos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115